Obra

Xaquín Lorenzo Fernández - 2004


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXESOBRE XAQUÍN LORENZO

 

Etnografía e arqueoloxía: bases da creación de “Xocas”

“A antropoloxía cultural considera fundamental contextualizar as fontes materiais ou ideolóxicas no espazo, tempo e sociedade á que corresponden. Son probas, supervivencias de etapas anteriores, que mesmo por experiencias de etnoarqueoloxía nos poden conducir a esas formas de vida do pasado”. (De la etnología a la antropología: sobre el enfoque crítico en las ciencias humanas. Editorial Anagrama. Bacelona. 1975).

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, é ante todo un etnógrafo dos que dan entrada na Historia da Cultura Galega a artesáns, labradores, gandeiros, mariñeiros…todos eles herdeiros e transmisores dun pasado no que radica a identidade. Un etnógrafo que se sumou á corrente galega –afastada das ensinanzas que por entón se impartían na Universidade de Santiago centradas na teoría sobre aspectos alleos a unha realidade inmediata- que ofrecía os artefactos, as lendas e cantigas con referencias ó momento, lugar e persoas que as facilitaron, nun esforzo por documentar o pasado galego que se tería perdido de non ser por este interese de recoller e pescudar todo canto significaba Pobo. (Froito destas caminatas son os datos que integran o libro Etnografía, Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo).

Felipe-Senén López, no libro Xaquín Lorenzo “Xocas” (1907-1989). Unha vida para a cultura dun pobo, recoñece entre os méritos da obra deste etnógrafo, ter percorrido o país a pé, cunha cámara forográfica ó lombo e importantes ansias de saber e documentar o atopado no camiño, chegando a puntos remotos da montaña pouco influenciados polo seu presente, falando e dialogando coa senté, achegándose tamén en autobús de feirantes por malas estradas ós lugares elexidos para o estudio e, sobre todo, falando e convivindo co pobo. Todo elo na plena “Longa noite de pedra” definida por Celso Emilio Ferreiro, nuns anos de profunda anulación de todo o que signifcaba Galicia, e que obrigaban a recurrir a Portugal como destino para a edición de algúns estudios froito das investigacións.

O carro, como principal referente dos seus traballos etnográficos, e os castros e monumentos como foco de estudio das súas creacións en torno á arqueoloxía, centran gran parte da creación literaria de Xaquín Lorenzo Fernández:

 

- “Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia: Contos”, Nós, nº 42. 1927. 13-14.

- “Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia: Contos e medicina rústica”, Nós, nº 44. 1927. 12-13.

- “Un casamento en Lobeira” (en colaboración con Xurxo Lorenzo), Nós, nº 58. 1928. 186-188.

- “Notas lexicográficas de Lovios”, Nós, nº 71. 1929. 205-206.

- “Vila de Calvos de Randín” (en colaboración con Florentino Cuevillas). Seminario de Estudos Galegos. 1930.

- “A muller no cancioneiro galego”, Nós, nº 98. 1932. 26-30. “A muller no cancioneiro galego”. Nós, nº 99. 1932. 43-48.

- “A lenda da hermida de Aranga”, Nós, nº 99. 1932. 49.

- “Do cancioneiro de Borneiro (Cabana)”. Nós, nº 108. 1932. 229-230.

- “Notas etnográficas da Terra de Lobeira. O liño e a lá”. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VI. 1933. 25-84.

- “Notas para un cuestionario de etnografía. Embarcacións”. Nós, nº 111. 1933. 49-52.

- “O tardo”. Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto, VI. 1934. 2-8.

- “Papeletas pra un diccionario”, Nós, nº 121. 1934. 14-16.

- “Notas encol do Antroido en Lobeira”. Nós, nº 124-125. 1934. 91-92.

- “As dornas do Porto do Son”. Nós, nº 126-127. 1934. 109-116.

- “Nobles que defenderon a raia portuguesa entre o Limia e o Miño no ano 1762”. Nós, nº 131-132. 1934.

- “A arte popular nos xugos da Galiza”. Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto, VII. 1935. 209-230.

- “Notas etnográficas da parroquia de Borneiro”. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Santiago, VII. 1936. 17-39 (reeditada por Edicións Boreal, de A Coruña, en 1990).

- “As festas populares do 3 de maio en Laza” (con Vicente Risco). Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Santiago, VII. 1936. 56-82.

- “Parroquia de Velle” (con Cuevillas e Vicente Fernández Hermida). Seminario de Estudos Galegos. 1936.

- “Sobre arqueología do territorio dos Querquernos” (con Florentino López Cuevillas). Revista de Guimaraes, 48. 1938. 85-106.

- “Censo del Coto de Celme en 1737”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense. Ourens, XII. 1939-1940. 5-12 e 53-65.

- “Die Brense am galizischen Wagen”. Volkstu, und Kultur der Romanem. Hamburgo, XI. 1939. 3-4.

- “Lápidas sepulcrais galegas de arte popular”. Actas do Congreso Nacional de Ciencias da Populaçao. Porto. Vol. VII. 1940. 1-10.

- “El símbolo solar en el NW. De la Península”. Actas do Congreso Nacional de Ciencias da Populaçao. Porto. Vol. I. 1940.

- “Notas etnográficas de la parroquia de Borneiro”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XIII. 1941-1942. 183-203.

- “Das Bauerhaus im unterem limiabecken (Prov. Orense, Spanien)”. Volkstu, und Kultur der Romanem. Hamburgo, XV. 1943. 276-308.

- “La capilla y santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense” (con X. Ferro Couselo). Boletín del Museo Arqueológico de Ourense, 1. 1943. 9-68 (reeditado como libro na serie Anexos do Boletín Auriense, 12. Ourense. 1988).

- “La arracada posthallstáttica de Irixo”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XIV. 1943-1944. 127-136.

- “Un petroglifo inédito de Troña”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XV. 1945. 22-24.

- “Las habitaciones de los castros” (con F. López Cuevillas). Cuadernos de Estudios Gallegos, II. 1946-47. 7-74.

- “Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra de Leboreiro”. Cuadernos de Estudios Gallegos, II. 1946-47. 341-361.

- “Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa” (con F. López Cuevillas). RG, LVIII. 1948. 288-305.

- “Notas lingüísticas gallegas”. Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Madrid, IV. 1948. 79.

- “O monumento protohistórico de Santa Mariña de Augas Santas e os ritos funerarios nos castros”. Cuadernos de Estudios Gallegos, III. 1948. 157-211.

- “Los silos de Villacañas (Toledo)”. RDTP, V. 1949. 421-433.

- “Un romance impreso en León”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XVII. 1949-1951. 119-130.

- “San Ginés de Francelos” (con M.R. García Álvarez). Cuaderno de Estudios Gallegos, V. 1950. 344-391.

- “Una lápida de época sueva en Baños de Bande”. El Museo de Pontevedra, VI. 1951. 27-32.

- “A casa galega. Discurso de ingreso na Real Academia Galega” (foi respostado por Otero Pedrayo). 16 de setembro de 1951 (inédito).

- “Cuatro peñas con pilas del Sur de Galicia”. Cuadernos de Estudios Gallegos, VII. 1952. 5-54.

- “Cierres de fincas en el SE de Ourense (Galiza)”. Homenaje a Fritz. Kruger. Universidad Nacional de Cuyo. Mendoza. 1952. 175-185.

- “La capilla visigótica de Amiadoso”. Archivo Español de Arqueología, XXVI, nº 88. 1953. 424-433.

- “Muestras de religiosidad popular. Los exvotos como testimonio de una devoción”. La Región, número extraordinario Festas do Corpus. 9 de xuño 1955.

- “As xoias de Regodeigon” (con M.R. García Álvarez). R.G., LXVI. 1956. 90-96.

- “A Nosa Señora do Viso”, Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense. XVIII. 1956. 203-247 (reeditado en 1983 polos seus compañeiros do Padroado Ramón Otero Pedrayo a través da editorial Galaxia).

- “Cerámicas castrexas pintadas”. R.G. LXVI. 1956. 125-140.

- “Nomenclatura del carro gallego”. RDTP. XII. 1956. 54-113.

- “A Xuno de Freixido”. BRAG. XXVII, nº 309. 1956. 288-290.

- “Unha nova inscultura serpentiforme de Troña” (con F. López Cuevillas). BRAG. XXVIII. 1957, nº 321-322. 217.

- “Cuevillas, etnógrafo”. Homaxe a Florentino López Cuevilla. Vigo. Galaxia. 1957. 135-138.

- “El carro en el folklore gallego”. Anales del Instituto de Lingüística. Universidad Nacional de Cuyo, VI. 1957.

- “El Museo de laCatedral de Orense” (con J.L. López Cid). Vida Gallega, nº 728. 1957.

- “Fray Aureliano Pardo Villar, O.P. (1882-1957)” (con Camilo Agrasar). Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XIX. 1957-58. 2-7.

- “Bibliografía de Fr. Aureliano Pardo Villar”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XIX. 1957-58. 9-13.

- “Florentino López Cuevillas”. Zephyrus IX. 1958. 246.

- “O Varapau”. O Comercio de Porto. 1958.

- “Estela funeraria de Florderrei Vello”. Lisboa. Arqueología e Historia, VII. 1958. 27-59.

- “Enredos”. RDTP, XIV. 1958. 268-293.

- “Dúas necrópoles dolménicas” (con F. López Cuevillas). Cuadernos de Estudios Gallegos, XIII. 1958. 284-293.

- “Nuevo material de mámoas del Valle Alto del Barbantiño” (con F. López Cuevillas). Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XX. 1959-1960. 63-70.

- “Bibliografía de Florentino López Cuevillas” Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XX. 1959-1960, 49.

- “Deidades marinas en el Orense Romano”. Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense, XX. 1959-60. 389-395.

- “O pastoreo na Serra de Leboreiro”. Actas do Collo de Estudos Etnográficos Dr. Leite de Vasconcellos. Porto I. 1959. 245.

- “Muiños de maré”. Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Homenagem ao Dr. Mendes Correa. XVII. 1959. 249-255.

- “Unha pedra amuleto”. BRAG. LIII, nº 333-338. 1959. 24.

- “Unha pedra amuleto” (rectificación). BRAG. LIV. 1961. 339-344.

- “Etnografía. Cultura Material”. Volume II de Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Bos Aires. Ed.Nós. 1962 (reeditado por Akal, Madrid, 1979, y en cuatro volúmenes diferentes por Galaxia).

- “O mazo, a trompa e a moa”. Actas do I Congreso de Etnografía e Folclore. Vol. II. Braga. Lisboa. 1963. 175-181.

- “Excavaciones arqueológicas en el castro de Cabanca” (con Xesús Taboada Chivite). Noticiario Arqueológico Hispánico, VI. 1-3. Madrid. 1964. 129-134.

- “Dos necrópolis posiblemente suévicas” (con Xesús Taboada Chivite). Not. Arqu. Hisp. VI. 1-3. Madrid. 1964. 200-201.

- “Inscripciones romanas de Galicia. IV. Provincia de Orense. 1ª parte”. Cuadernos de Estudios Gallegos. XIX, nº 59. 1964. 267-304.

- “Inscripciones romanas votivas de la provincia de Orense” (con F. Bouza Brey). Cuadernos de Estudios Gallegos. XX, nº 61. 1965. 128-179.

- “La iglesia prerrománica de San Martiño de Pazó”. Cuadernos de Estudios Gallegos. XX, nº 61. 1965. 180-192.

- Discurso de resposta a Xesús Taboada Chivite na Real Academia Galega, en “Xesús Taboada Chivite, discurso de ingreso na Real Academia Galega”. Vigo. 1965.

- “As casas dos mortos”. Actas do Congreso Internacional de Etnografía. San Tirso, 1963. Lisboa, 1965. Vol. II. 141-150.

- “Inscripciones romanas funerarias, varias no clasificadas, falsas e inexistentes de la provincia de Orense”. Cuadernos de Estudios Gallegos, XX, nº 63. 1965. 261-291.

- “Distribución dos xugos en Galicia”. Primera y segunda asambleas luso-gallegas, organizadas por la Real Academia Gallega. Actas y comunicaciones. Madrid. 1967. 61-63.

- “Vellas artes de pesca no río Miño”. Revista de Etnografía. Porto. 1966. 289-295 (reeditado no Boletín da Biblioteca Pública de Matosinhos, nº 23. 1979).

- “A eirexa de Santa María de Mixós, escrucillada de tres estilos”. Congreso luso-espanhol de estudos medievais. Actas. Porto. 1968.

- “Inscripciones Romanas de Galicia (IRG), IV, Provincia de Orense” (coa colaboración de A. D’Ors e F. Bouza Brey). Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. 1968.

- “Don Vicente Martínez Risco y Agüero”. BRAG. XXX. 1969. 261-270.

- “Dos obras de Ventura Álvarez Sala”. Boletín del Instituto de Estudios Asturianos, nº 67. 1969. 305-308.

- “O mar terra adentro”. Revista de Etnografía, nº 25. Porto. 1969. 105-112.

- “Una rueda fósil de Catoira (Galicia)”. Boletín Auriense, 1. 1971. 19-28.

- “La tessera hospitalis de Castromao” (con X. Ferro Couselo). Boletín Auriense, 1. 1971. 9-18.

- “Excavaciones en el Castromao (Celanova-Ourense)” (con X. Ferro Couselo). Not. Arq. Hisp. Prehistoria. 1976. 347-359.

- “Tesorillo protohistórico de Calvos de Randín”. A. E. Arq., 43. 1972. 228-232.

- “La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós”. Boletín Auriense II. 1972. 75-110.

- “Lamas Carvajal e o pobo. Discurso do Día das Letras Galegas”. Rivadavia. Agrupación Cultural Abrente. 1972.

- “Metamorfosis dunha casa castrexa”. Trabalhos de Antropología e etnología. Coloquio luso-espanhol de cultura castreja. Carvavelhos. XXII. 1973. 225-229.

- “Sobre la rueda de Catoira”. Boletín Auriense II. 1973. 173-178.

- “O esprito da més en Lobeira”. Cuadernos de Estudios Gallegos XXVIII. 1973. 345.

- “Nuevo cancioneiro galego”. Boletín Auriense III. 1973. 187-188.

- “Dibujos de casas y conjuntos urbanos de Galicia”. Boletín Auriense III. 1973. 189-190.

- “Galicia en un estudio de arquitectura popular”. Boletín Auriense III. 1973. 191-192.

- “Cantigueiro popular da Limia Baixa”. Galaxia. Vigo. 1973.

- “El carro en el folklore de Galicia”. RDTP. XXX. 1974. 44-76.

- “El carreto en la Limia Baixa”. Boletín Auriense. IV. 1974. 159-166.

- “Tornos en Galicia”. Boletín Auriense. V. 1975. 87-90.

- “Excavaciones en el Castromao” (con X. Ferro Couselo). Not. Arq. Hisp. 1976.

- “Xesús Taboada Chivite. Bibliografía”. Boletín Auriense. VI. 1976. 11-16.

- “Sobre algunos saludos en gallego”. RDTP. Homenaje a Vicente García de Diego. XXXII. 1976. 274.

- “Xesús Ferro Couselo”. BRAG. LXXIII, nº 360. 1980.

- “El sobrado”. Boletín Auriense. VI. 1976. 305-318.

- “Un propulsor de tipo popular”. Gallaecia, nº 2. Santiago. 1977. 281-282.

- “O Combarrizo”. Boletín del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2. 1977. 3-9.

- “Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular”. Encrucillada, 9. 1978.

- “Unha casa do Castromao (Celanova)”. Boletín Auriense. X. 1980. 203-210.

- “Unha corna decorada”. Boletín Auriense. XI. 1981. 129-133.

- “Do noso antroido: os escabicheiros”. Brigantium, 3. 1982. 265-269.

- “A casa”. Biblioteca Básica da Cultura Galega, 11. Galaxia. 1982.

- “A terra”. Biblioteca Básica da Cultura Galega. 12. Galaxia. 1982.

- “O mar e os ríos”. Biblioteca Básica da Cultura Galega. 13. Galaxia. 1982.

- “Os oficios”. Biblioteca Básica da Cultura Galega. 14. Galaxia. 1983.

- “Refraneiro galego”. Ed. Castrelos. Vigo. 1983.

- “A ramboia”. Gallaecia, 7-8. 1984. 275-278.

- “A vivenda e a terra”. Alternativas estruturais e producción agrícola-gandeira. Seminario de Estudos Galegos. A Coruña. 1988.

- “O outro mundo na tradición popular galega”. Lumieira III. 1988. 119-122.

- “As pontes na tradición popular galega”. A inxeniería histórica como patrimonio monumental: as pontes. Actas do I Seminario. Xunta de Galicia. Santiago. 1989. 101-103.

- “Otero Pedrayo e a Antropoloxía”. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía. Identidade e Territorio. Centenario de Otero Pedrayo 1888-1988. Consello da Cultura Galega. Santiago. 1990. 253-256.

- “Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia”. Actas del primer Congreso Europeo del Hórreo. Santiago. 1990. 291-293.

 

Artigos na prensa galega e local.-

- “O tío galego”, La Zarpa. Ourense, 29-VIII-1930.

- “Outra vez encol do noso idioma”, Heraldo de Galicia. Ourense. 3-VI-1935.

- “De Re Geographica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade”. Heraldo de Galicia. Ourense. 2-XII-1935.

- “Muestras de religiosidad popular. Los exvotos como testimonio de una devoción”. La Región. 9-VI-1955.

- “Arqueología prehistórica y romana de Orense”. La Región, especial Festas do Corpus. 29-VI-1960.

- “Un miragre de San Rosendo”. La Región, especial Festas de Celanova. Agosto de 1974.

- “Una rúa ourensán”. La Región. 1977.

- “Florentino L. Cuevillas no vinte cabodano do seu pensamento”. La Región, 25-VII-1978.

- “El Papa Mariano”, en “Religión. Mañana es domingo”. La Región, 30-X-1982.

- “Risco vinte anos despois”. La Región. 29-IV-1983.

- “Los muebles en la casa campesina gallega: utilidad y comodidad”. La Región. 28-X-1984.

- “Encol de San Rosendo”. La Región. 27-XI-1984.

- “O noso maio”. La Región. 15-V-1985.

- “Encol da toponimia”. La Región, 18-VIII-1985.

- “Cuevillas, o home”. La Región, especial centenario de F. Cuevillas. 14-XI-1986.

- “Pequenas grandes cousas”. La Región. 19-II-1987.

- “Os tempos son chegados”. Follas Secas, nº 13. Ourense. 1987.

- “Encol do Antroido”. La Región. 8-III-1987.

- “¿Deporte?”. La Voz de Galicia, suplemento deportes. 25-I-1988.

- “Algunhas notas de rectificación e gratitude”. La Región. 5-XI-1988.

 

Xaquín Lorenzo Fernández Xaquín Lorenzo Fernández

 

FRAGMENTOS DAS SÚAS OBRAS:

1. O carro, en “A Terra”. Ed. Galaxia. Vigo. 1982

2. O gado, en “A Terra”. Ed. Galaxia. Vigo. 1982

3. A casa, en “A casa”. Ed. Galaxia. Vigo. 1982.

4. A malla, en “No esprito da més en Lobeira (Ourense)”. Cuadernos de Estudios Gallegos. 1973.

 

 

 

O carro

 

«O feito máis interesante na historia do carro é a persistencia da súa estrutura, que demostra, ó noso ver, non un primitivismo senón unha perfección.»

«O carrexo», en A Terra, p. 321.

«Máis complicada aínda é a nomenclatura. Os nomes das pezas do carro teñen un enorme número de variantes dun alto interés filolóxico mais que non son deste intre. Nós imos usa-la nomenclatura máis corrente indicando, cando sexa preciso, algunhas das variantes.»

«O carrexo», en A Terra, p. 322.

«O carro consta de dúas partes: o chedeiro e o rodado. Forman o primeiro a mesa do carro coa lanza e os artellamentos do eixe, e o segundo o eixe coas rodas.

O chedeiro consiste nunha grade formada por dous langueiros, as chedas, vergadas por un extremo no que empatan noutro largueiro que avanza por diante, o cabezallo, e chega, anque non sempre, até a traseira. Estes tres elementos consolídanse por medio dunhas travesas, cadeas, tamén de madeira. As chedas e o anaco de cabezallo que queda entre elas, coas cadeas correspondentes, fan a grade, que vai cuberta con táboas, formando un piso, sollo ou sellao. O cabezallo ten unha ou dúas furas no extremo dianteiro e alí métese un pau atravesado, a chavella, vertical nuns sitios e horizontal noutros, que serve para o xunguir. Algúns carros levan unha entalladura en troques da chavella; esta entalladura chámase mosa. As chedas levan cada unha catro ou cinco furas nas que entran outros tantos estadullos ou fumeiros, estacas de madeira que rematan en punta. Por entre os estadullos pódense pór dúas táboas, ladrais, ou dúas armadillas tecidas de vergas, canizos para que a carga non se caia. Algúns canizos son dunha soa peza, domeándose por diante para da-la volta ó chedeiro; detrás pode levar unha comporta, recadén, que pecha totalmente o chedeiro convertíndoo nunha caixa.»

«O carrexo», en A Terra, pp. 322-323.

Índice

 

 

 

O gado

 

«Nos nosos días ten aínda o gado unha gran importancia en Galicia e son moitos os lugares que viven fundamentalmente do seu coidado.

O conxunto dos animais que viven a carón do home, dependendo del, é coñecido co nome de facenda, sendo curioso o feito de que este nome non se aplica ás demais cousas de que é propietario o campesiño senón únicamente ós animais.»

«A facenda na actualidade», en A Terra, p. 189

«As vacas e os bois son, sen dúbida, a base da economía dos nosos campesiños até o punto de calcularen a súa riqueza polo número de bois e vacas de que son donos.

A xente do campo sente especial afeizón por estes animais, non só pola utilidade senón tamén pola súa nobreza, xa que son quizais os máis mansos que cría á súa beira.

Este gado é vello entre nós: segundo a testemuña dos clásicos, xa rendía os seus produtos ós habitadores dos castros e, de feito, téñense atopado nas citanias pezas da súa dentamia.»

«O gado vacuno», en A Terra, p. 196.

«O gado de raza galega é dun grandor medio, coa cabeza ben proporcionada, fronte e cara planas, órbitas saíntes, fuciño estreito e longo, cornos grandes, elípticos, dirixidos cara a fóra no comenzo e dobrando despois as puntas para atrás; orellas grandes, pescozo forte, lombo estreito, patas curtas e finas, pesuña longa e dura, rabo groso e membranas vermellas.»

«O gado vacuno», en A Terra, p. 197.

«O porco é fundamental na vida campesiña, xa que el resolve gran parte da mantenza da xente, especialmente durante o inverno. De eiquí o interés que teñen por el as nosas xentes e os coidados que lle adican.

O porco chegou a ter, nos vellos tempos, carácter sagrado e el dá nome a unha cultura: a dos ' verracos'.»

«Os porcos», en A Terra, p. 210.

Índice

 

 

 

A casa

 

“A dependencia esencias nas nosas vivendas campesinas é a cociña. Ela fai xirar ao seu redor todo o vivir dos moradores, que dependen dela e na que fan a case totalidade da súa estancia mentres permanecen dentro da casa.

A cociña non é soamente a peza destinada a preparar o xantar; nela xúntase a familia para comer, recíbense as visitas, fanse as tertulias, rézase o rosario, gárdanse as provisións, procúrase o seu quentor nas noites de inverno e, en moitas delas, dórmese pola noite.

Esta é a razón de que nas casas que teñen unha soa dependencia, esta sexa a cociña, e que ela substitúa a todas as demais, mesmo, algunhas veces, ás cortes do gando.

E dentro da cociña o sitio fundamental é a lareira.

A lareira, en esencia, é unha lousa de pedra sobre da que se hacendé o lume. Esta lousa non sempre presenta o mesmo aspecto.

Unhas lareiras quedan a rentes do chan, sen sobresaír del, formadas por unha lousa ou por dúas. Poden atoparse nun ángulo da cociña, no medio dun lado ou no centro da peza. Esta colocación depende do espazo de que se disponía na cocina, xa que non é soamente a lareira o que vai nela.

Outras lareiras atópanse algo máis altas que o chan circundante para que se xa máis cómodo o servizo do lume.

Por veces, esta elevación esaxérase e entón é preciso que as lousas sexan máis extensas para deixar por riba delas lugar para os tallos e escanos da senté.

Estas lareiras poden ser rectangulares, como de feito o son case sempre, mais hainas cun entrante no lado principal para que a persoa que se ocupa do lume poida chegarse a el máis a xeito.

A cociña non sempre ten campá para a cheminea mais, cando a ten, sitúase como é lóxico, por riba da lareira”.

(A Casa, Editorial Galaxia. Vigo. 1982).

Índice

 

 

A malla


«(…) Hoxe desapareceu completamente por estas terras o antigo sistema de degrañar o centeo por medio dos mallos, que foron substituídos por trilladoras mecánicas, o que fixo trocar o procedemento de aproveitamento do gran, suprimindo algunhas angueiras agora innecesarias; unha de elas, precisamente a derradeira, é a que dá motivo a estas notas.

Polo mes de Santiago está xa a més en sazón e entón procédese á seitura. Unha vez segado o centeo é atado en feixes e tense amoreado a carón da eira até o intre da malla.

É este un dos traballos de tipo comunitario que aínda se conservan no noso campo, pois sgue na súa forma tradicional, pese á mecanización desta tarefa”.

En “No esprito da més en Lobeira (Ourense)”. Cuadernos de Estudios Gallegos. 1973

 Índice