As razós do galeguismo autonomista
INTRODUCIÓN
Responsables da introdución, transcrición e mecanografado:
Manuel Regueiro Tenreiro (profesor de Filosofía)
e Fernando Regueiro Pérez (graduado en ADE)
Cando o Mestre Xosé Fernando Filgueira Valverde escribe e, despois, pronuncia esta conferencia tiña 29 anos, 8 meses, e dez días de idade. Tíñase incorporado á Cátedra de Lengua y Literatura, no Instituto Nacional de Enseñanza Media de Lugo– hoxe Instituto de Bacharelato “Lucus Augusti- o 8 de novembro de 1935. Era, pois, xa un mozo coa súa carreira docente consolidada, porque fora, desde 1928, contratado profesor (axudante interino da Sección de Letras) no Instituto de Pontevedra, e xa aprobara as correspondientes oposicións en marzo do trinta e cinco.
Tamén era un político bastante coñecido pois xa exercera de secretario de Labor Galeguista na súa cidade natal. Na Asemblea Constituínte do Partido Galeguista (5 e 6 de Decembro de 1931) fora elixido secretario técnico do partido, cargo que exerceu durante dous anos. Participou intensamente na elaboración dos textos do Estatuto de Galicia no Seminario de Estudos Galegos e, especialmente, intervíu activamente na Asemblea de Municipios celebrada en Santiago entre os días 17 e 19 de decembro de 1931. Desta asemblea saíu o texto do Estatuto que se votou en 1936, do que fala e defende Filgueira no texto da conferencia que se transcribe. Penso que “o suceso” que lle deu máis sona a D. Xosé, naquel tempo, foi a súa separación do Partido Galeguista e a fundación de Dereita Galeguista (maio de 1935). Precisamente, en nome desta última formación política fala no comezo da conferencia da que nos estamos a ocupar: Compreme falar eiquí, non coa miña cativa siñificación persoal, senón en calidade de conselleiro da Federación de Forzas [nazonalistas e] galeguistas de Dereita para sinalar a posición destas forzas dereitistas diante do plebiscito do Estatuto galego. (páx. 1).
Quen escribe e fala en Lugo é un recoñecido profesional e político que deixou o Partido Galeguista, porque a directiva do seu partido decidira entrar no Frente Popular. Filgueira e outros compañeiros seus decidiron abandonar xa que non aceptaban os principios básicos desa fronte política de esquerda, especialmente rexeitaban o materialismo e o “universalismo imperialista” que chocaba directamente contra a súa concepción da vida e coa súa militancia polos valores específicos dos pobos. Non querían imperialismos, senón a duzura das comunidades locales, e personalizadas, tendo coma finalidade o cultivo dos valores do esprito, da liberdade da solidariedade humana, baixo o símbolo da crus.
Naquel curso escolar 1935 - 36 o Mestre lucense percibe unha situación moi convulsa en España, e unha profunda confusión (desorientación) na militancia galeguista e católica ante o referendum sobre o Estatuto de Galicia. Estes son os motivos de intervir: Si de tódala-s agrupacións políticas da nosa terra cabe demandar hoxe unha definición crara e sinceira da súa posición a carón do problema autonómico, meirandes son as nosas obrigas cando o feito de levar as devanceiras ao Frente Popular, na campaña estatutaria, suscita receios e abre interrogantes que é urxente termar de acalar e responder. (páx. 1)
A conferencia / mitín atende as finalidades sinaladas nos valores referidos, e busca directamente deseñar o guieiro na loita establecida –con toda a crudeza naquel tempo- contra o materialismo (A URSS) e o cosmopolitismo desarraigado (USA9 – Wall Street). Frente a iso propón reivindicar a patria e a tradición histórica. Insiste reiteradamente en que nunca, de ningunha maneira debemos usar a violencia para combatir aos adversarios. No segundo folio manuscrito advirte: Non pensedes en combatilo pola forza Non soñedes en erguer contra él todo ese outro arcabuzado do materialista [do imperialismo], gañádeo pol-o quentor agarimoso do chan nativo do chan que garda aínda [unha fé da chama da terra que] intacta a forza das emocións do que é noso.
Pensa que temos que coller a forza das aportacións da historia, e na folla sete pregúnta se a nosa personalidade pode ser anulado ou esquecido por calquer internacionalismo demodé ou por calisquera imperialismo á moda? A resposta consiste en plantear o reto ao que se enfrontaba Galicia naquel difícil tempo: Salvar Galicia. Para iso hai que vencer o pesimismo que é a lenda negra de Galicia: AVERGONZÁMONOS DE SER GALEGOS.
O conferenciante interpela aos desleigados galegos que sosteñen a falta de capacidade ou de “ambente” para autogobernarse. Repróchalles (na folla 11 – 12) non calades vos os galegos incapaces que pregoades aos catro ventos a falsa nova da incapacidade do pobo intelixente, apto, sinceiro de Galicia. Levades cincocentos anos repetindoo e non vos fixo calar nin o feito de que outros galegos irmáns vosos conquerisen os postos de mando e de saber na Hespaña, en moitas terras do mundo e se espallasen polo mundo nunha xeira de traballo e de intelixencia. Cincocentos anos de repetiloo. Sen embargo, ese baldón sacarémolo de riba “votando o Estatuto” e demostrar así que temos base e forzas suficientes para gobernarnos a nós mesmos, e non desde o exterior. Poñendo como exemplo os problemas na xestión do campo galego, conclúe (folla 13) : Nós, soio nós, todos nós somos quen ten de tornalos ollos e resolver os problemas do agro galego, dese agro. Do contrario aparecerán a fame e desespero que abren regueiro a unha estéril rebeldía. (folla 13). Polo tanto, hai que defender o noso: a nosa perosalidade, a capacidade, a arte, a lingua. Esa defensa sempre debe ser integradora, nunca violenta nin antiespañola, senón dentro da grande tradición hispánica, no proxecto dunha Hispania maior ... Mais si esta é a tradición dos pobos da peninsua, nos temos tamén a nosa tradición non unitaria, senón pluralista, non centralista, senón armonizadora. Nós, os que hoxe co Estatuto pedimos a autonomía non somos un pobo de separatistas. Non sabemos o que é o separatismo. Somos o berce maternal das Hepañas...
Recorda D. Xosé, en varios e longos, parágrafos [do folio 17 ao 23] a “hestoria” dese feito diferencial galego. A continuación, pide o voto positivo para ese Estatuto que se plebiscita que vai axeitar aos tempos a vella institución da Xunta (folio 26). Insiste en que deberán, especialmente os católicos, dar un SI na votación por dous motivos:
1.- Por galeguidade baseada na historia do pobo.
2.- Por conveniencia política, xa que, do contrario, non terán dereito “lexítimo” de queixa.
Remata Filgueira, pregando un voto favorable ao Estatuto “neste intre cheo de responsabilidades [ traxicamente dooroso]” (folio 35, derradeiro). Como vemos no texto manuscrito, o Mestre tacha (¡non se atreveu a dicilo?) unha profecía desgraciadamente cumplida: despois de votar afirmativamente en Galicia o Estatuto, e ser presentado nas Cortes deu comezo a grande e despiedada traxedia de España: a guerra in-civil.
Compreme falar eiquí, non coa miña cativa siñificación persoal, senón en calidade de conselleiro da Federación de Forzas [nazonalistas e] galeguistas de Dereita para sinalar a posición destas forzas dereitistas diante do plebiscito do Estatuto galego. Si de tódalas agrupacións políticas da nosa terra cabe demandar hoxe unha definición crara e sinceira da súa posición a carón do problema autonómico, meirandes son as nosas obrigas cando o feito de levar as devanceiras ao Frente Popular, na campaña estatutaria, suscita receios e abre interrogantes que é urxente termar de acalar e responder. Pídovos que vos fagades cargo da miña situación querendo fuxir dos termos polémicos e de canto poida somellar teima proselitista, pero tendo tamén a obriga de sinalar unha ourentación nidia, unha roita firme nas nosas posicións políticas, posición dobremente ao diálogo [comprome], i – a ser ouxeto de crítica, coincidente de unha banda ca área espiritual amprísima de cantos teñen un senso cristiá da vida e de outra con cantos [teñan senso galego] fagan da galeguidade o guieiro dos seus anceios. Posición inicial que non Páxina 1 |
|
representa un privilexio senón un dobre orde de principios e de compromisos de conciencia, situación exacta na interferencia de dúas tendencias [movimentos] espirituais ( unha que baixa do outo á terra, outra que sigue o hourizonte da terra mesma, dúas tendencias, universais con universalidade ecuménica a unha, afincada con fondura patriótica a outra coincidente nese punto onde se deliña a crus símbolo da vida mais tamén da dor e do sacrificio católicos pola fé e pola cultura, galegos pola natureza temos unha doctrina ideolóxica pra nos guiármonos na vida…Mais lembrade que esa doutriña é unha defensa esgrevia da libertade e da personalidade; da libertade do espírito, da personalidade individual e dos dereitos das agrupacións humáns. Por defensa cristián da libertade e da personalidade nós somos galeguistas. E na loita establecida no mundo entre o espírito i– a materia, antre a concepción teocéntrica i– a concepción antropocéntrica da vida a nos abóndanos seguil-a roita da tradición galega, da historia do pensamento de Galicia, pobo do medievo, anti-clásico, lírico, pobo de virtudes teologás, para definir hoxe un camiño nas trebas das xornadas torvas que atravesa o mundo. I- ogallá ponderamos facer que Galicia vise alcenderse de novo a estrela xacobea a alumear Páxina 2 |
|
o occidente cristián. Contra o materialismo: a patria; [mais non abonda a patria abstracta unha ideia amplia con sentir a] non o Estado, non o Imperio, non soi esa ampria e xusta solidariedade humán que crean os necesarios vínculos de unha soberanía común ou de un común destiño histórico. Senón esa [fíos humanos fondas apelacións] outra chamada tenra, e fonda, [solidaeridade] do estreito familiar afincamento no chan nativo, na casta e no fogar, na vella lengua e no costume antergo, na historia propia e no propio arte, nese conxunto de características que pra nós definen á nazonalidade e vós –chamádelle de calquer xeito- a [Constitución de todos] recoñecedes en Galicia. O materialista [é o home cosmopolita do internacional], é o cosmopolita internacional o “derracine”2, o cibdadán de ningures. Non soña nun fogar familiar pra os seus, non quer perpetuar [nos seus fillos] as virtudes da súa Xenia, non ten nin unha tradición que gardar na caixa dourada dos seus recordos, nin un porvir que falagar no vóo infundo dos seus soños. Quer ser por sempre o efebo ditoso sen o abrazo dos fillos, nin a ternura da muller, abóndalle a 2 Palabra francesa = desarraigado. Páxina 3 |
|
femia sen a atraxente dos fillos, para eles a morte, o asilo, sin a pasada sabencia dos vellos, nin a risoña espranza dos nenos. Unha fogueira cada movimento; unha demagoxia cada escola. [Contra] Non pensedes en combatilo pola forza [Cada pistola que disparedes contra el]. Non soñedes en erguer contra él todo ese outro arcabuzado do materialista [do imperialismo], gañádeo pol-o quentor agarimoso do chan nativo do chan que garda aínda [unha fé da chama da terra que] intacta a forza das emocións do que é noso. Tornade o ollar cara as pequenas patrias. Irlanda, Bretaña, Alsacia, Flandes [Suiza] pensemos [esa risoña porta] e doce Ucranía que afrolece no ermo da Rusia Soviética co seu recendo de vello fogar coma Suíza e coma Polonia. Decídemo, eu vos pido, decídeme onde senón alí encaixa acougado o espírito e lei, vida i-é ceive o esprito. Douvos a vida, empero, douvos a Abixinia conquistada cos seus milleiros de Páxina 4 |
|
mortos cara o ceo, i-esas garras metálicas da nova Rusia que se esterrexe perto do cadeeiro estralante das prisións, i-ese [tremer] do trafego vertical de New York e todo o ouro do Wall-Street, fronte a gracia inxenua dunha cantiga aldeán de unha terra patriarcal [e leda] onde non haxa ricos nin probes, onde a xente, non é escrava do Estado nin da crase, viva leda e feliz. E non pensedes que [debéramos facer unha Galicia, un pobo, unha terra patria pobo] así porque Galicia ten todo canto pode acaecerlle [pode apetecer] a unha patria pra ser o máis ledo (belido) fogar do home no mundo. Páxina 5 |
|
Sobre unha terra belida, de lindeiros certos, e vizosa enfroitos, varia na sua unidade, doce no traballo, asentada unha caste enriquentada pol-as mais xurdias aportacións raciás: morros asiáticos de fas mongoloide, certos e tardos; loiros celtas iranios de esprito cheo de ensoños, recibiron a práctica xurídica dos románs, a duzura evanxélica dos galeleos, o misticismo dos monxes do Oriente, a forza combativa da aristocracia xermán. I- o [este] home galego proiecta no tempo a forma de unha historia súa, unha historia de destiños ecuménicos, onde se deliña unha vida de pas e de traballo. E crea un arte seu e leva este arte á teito de unha época. E crea unha fala sua, obra de xeneracións e xeneracións onde cada tempo e cada man deixa a súa cita, onde cada traballo e cada pensamento fai unha nova verba. Esto todo, chámase Galicia. Esto todo somos nós. O onte i-o mañán. E que non hai nesto todo forza dabondo para determiñar en nós unha solidaridade de patria? E que todo Páxina 6 |
|
esto pode ser anulado ou esquecido por calquer internacionalismo demodé ou por calisquera imperialismo á moda? Non, non, nos temos de salvar pra nós e pra a nosa alcurna este tesouro. Nos pra salvar aos galegos, salvaremos a Galicia. E si hay galegos que reneguen do seu nome, si hai galegos que se sinten desacougados no seu chan, se se esquecen da sua caste ou iñoren a sua hestoria, que luxen o seu arte i-arreneguen da sua fala, nos queremos convertilos a Galicia. Podemos non logralo. Poderán eles apagar o lume do noso fogar. Coiden que outro lume máis roxo non nos prenda logo no fogar deles. Páxina 7 |
|
Dirédesme somos unha patria, pero non temos capacidade pra ter un goberno noso. A capacidade mídese moitas veces polo desexo. Quen ten sede de aléns, faise merecente de Deus. Quen degoira libertade é digno de vivir ceive. Un pobo que defende o dereito a se gobernar de seu, merece autonomía. Non, non me digades que Galicia non o desexa, non me digades que somos un pobo sin preparación ou sin degoiros de nos gobernar. Si eso é certo, Galicia non existe, Galicia non ten persoalidade, é un fato de seres humáns non unha colectividade humán, nunha poboación de escravos, non un pobo de cibdadáns [os que pensedes deste xeito sodes os primeiros incapaces, os mais incapaces porque nin queredes ter a posibilidade pra participar. Eu vos aconsello, coma consello de amigo que non digades eso] Si é certo, [participades da común incapacidade]. Si esa incapacidade é total, si todos levamos riba de nós o baldón [de non ter unha patria], somos un pobo incapaz de levar tamén no nome e no aceno, e na conduta e no corpo, e na moral esa incapacidade, porque un pobo é unha suma de valores individuais, i-os Páxina 8 |
|
caracteres da colectividade son deducibles das condutas dos individuos. Ti, fillo de unha terra incapaz de se gobernar, gozas neste mal? deixas o teu posto no fogar ao estranxeiro alleo, cedes o teu cargo ao estrano. Esta é a lenda negra. Avergónzaste de ser galego. Ah, disme agora que hai galegos capaces, algúns? Poucos? Moitos? [Medíchelas capacidades?] Eres ti un deles? Ou medichel-a capacidade dos máis co a túa propia incapacidade. Si eres de antre eles tes a obriga de redimir aos mais gobernando os incapaces, si [non eres deles, e] eres incapaz, entrégarte aos mellores. Non sexa que coidemos de ti que eres tan pouca cousa que mesmo precisas que [mande en ti o estrano forasteiro] i-mande en ti un torpe estrano a que te goberne o irmán ben asisado. Páxina 9 |
|
Mira. Torna os ollos cara Castela. Dígovos eu, nazonalistas galegos que fermoso exempro! Nace o neno castelá e xa no berce a nai o arrola na sua fala. Adeprende [e viste de cativo un traxe coma o pai i-adeprende] na escola e na igrexa a ufanía da sua caste. Eres castellano! [Eres honrado porque eres castellano] Tu lengua es la más bella del mundo. Llevas contigo una virtud de tu propio solar, la honradez castellana, has nacido para mandar. Niño, en tu pobreza eres un rey. Cada castellano es un señor. Mira este libro es de un maestro castellano. Lee en él! [Solo tu tierra un poeta así como cima de castillo –castellana brisa- poeta, tamaño poeta] Bendita Castela, casta limpa, xeneradora Castela, nai dos teus propios Páxina 10 |
|
fillos: Castilla, madre Castilla a los extraños, extraña! Desde que outo orgulo de pobo tes visto ti, enxebre e gloriosa, aos fillos desleigados da Galicia e ti Cataluña “rica y plena” que si hai terra mas ufana sobre la capa del sol, leda da tua lingua e do teu traballo; e ti rexa Vasconia, espello das virtudes do fogar antergo, limpa e caseira, nidia levas da tua caste, e ti Andalucía, e ti Valencia… que ides decir de nos terra dos que renegan da sua terra! Porque non calades vos os galegos incapaces que pregoades aos catro ventos a falsa nova da incapacidade do pobo intelixente, apto, sinceiro de Galicia. Levades cincocentos anos repetindoo e non vos fixo calar nin o feito de que outros galegos irmáns vosos conquerisen os postos de mando e de saber na Hespaña, [en moitas terras do mundo] e se espallasen polo mundo nunha xeira de traballo e de intelixencia. Cincocentos anos de repetilo. Vos o leváchedes as sentencias dos inquisidores, vos dixéchedes a historia escrita decindo. Vos llo contáchedes aos escritores do século de ouro, vos leváchedes ca vosa lingua choca ná Páxina 11 |
|
Gaceta e nos xornas, na novela i-no teatro vol-o repetides hoxe que si o caciquismo, que si o enchufismo, que si a inmoralida, que si as tribus, que si Xelmírez…i-eu vos digo que si non fose galeguista, que si non fora galego siquera, votarìa o Estatuto soio pol-a ledicia de que o pobo galego gobernandose ben o seu Estatuto vos demostrase a falsía da vosa posición pra sempre, que sodes unhas labercas con capacidade de superdotados de Galicia. Así se desfai a personalidade dun pobo. O home difamado perde co seu creto a sua moral. O país aldraxado perde a sua sona a sua capacidade. Anque fósemos un pobo inmoralizado -Dios nos aparte de selo- teríamos de precisar redención. Como? Como se redime ao neno rebelde. Fracasaron os ensaios da forza, i-os da ríxida autoridade, o pau i- a escravitude; trunfa a nova pedagoxía do “self-goberneman”, da educación pol-a libertade. Si algo temos de correxir no pobo galego, corrixámol-o educandoo a andar pol-o seu pe, anque algúns nos esnafremos de camiño. Páxina 12 |
|
Di un refrán noso que mais sabe o tolo na casa que o sabio a allea. I-eu vos digo que Galicia sabe mais do seu que eses sabios que nos gobernan dende fora. E quero poñervos un exempro: Nos non tivemos nas nosas mans a estabilización da nosa vida social na aldeia galega i-o noso agro foi formado de costas ás correntes cooperativistas, á racionalización dos cultivos, a mellora da produccion ollou primeiro como a emigración deixou-a valeira os nosos fogares; ofrece ahora unha terra probe aos que retornan. [E que podemos agardar de fora os que –cantos- coidades que o Estado pode soio] O Estado Central soio pode embrullar mais os nosos probremas agrarios. Todos temedes del, non o neguedes. As forzas internacionais soio poden mergullar [revoltar mais] a nosa campía ou corporacións das nosas moradas denantes de agromar. Todos temedes deles, mesmo os que estades enrolados nos movementos que poden provocalos. Nós, soio nós, todos nós somos quen ten de tornalos ollos e resolver os problemas do agro galego, dese agro onde hai fame, onde hai desespero, fame e desespero que abren regueiro a unha estéril rebeldía. Sabémolo Páxina 13 |
|
nós, señoritos das vilas, que sodes quen de decirnos no casino: “Galicia non ten problema agrario” nun ano en que a carne baixa, i-o traballo labrego non ten compensación, nun ano sin xiros de América, un ano en que a fame “entra no mundo”. Decides que non imos nós a resolver os nosos probremas. Por incompetencia? Quen sabe de él máis que nós? [Xuntade hoxe, con nos, quen adeministran os fondos que o Estado gasta en Galicia] Encomendade a La Sota, a Gallastegui, a Tafall, a Urquijo -e cito soio [indiscutidos] catro nomes con notorias omisións- [discutide o que co diñeiro que hoxe gasta o noso agro]. Dádelles a adeministrar o diñeiro que hoxe gasta o Estado en Galicia nas nosas atencións, poñede baixo a sua orientación ao persoal mesmo que hoxe ten o Estado e dirédesme si somos ou non capaces de rexir autonomamente a nosa economía agraria! Páxina 14 |
|
E si me decides que temos razón e capacidade, pero que non hai ambente, eu teño que contestarvos espondo o criterio do meu partido sobre esto que chamades vos falta de ambente. Nós coidamos que o Estatuto é necesario. I – os estados de necesidade impóñense aos estados de opinión. Pero coidamos tamén que é popular, porque o quere Galicia, a verdadeira Galicia, a que pol-a sua vida ou pol-a preparación ten que sentilo como necesidade. O que non hai en Galicia, o que non sinte Galicia é hostilidade contra o Estado español como tal Estado, é rivalidade contra outras terras da peninsua, o que non ten Galicia é oposición ao resto dos pobos peninsuares. E cando se di e se escribe que [é preciso] si houbese ambente estatutista os galegos, os galegos farían estas ou aquelas cousas que se fan alí ou acolá, a Dereita Galeguista ten que decir que si ambente estatutista [é ter hoxe] fose un ambente de rebeldía esteril, de violencia noxenta ou de [orgulo] fachenda vacua a Dereita preferiría que non houbera Estatuto. E que, si pra traer o Estatuto fose preciso sair polas rúas a dar morras i – a apedrear os comercios das industrias forasteiras, i –a queimar as ofi- Páxina 15 |
|
ciñas, i - a aldraxar símbolos, i-a facer esterminios, a Dereita Galeguista oporíase ao ambente , i – ao Estatuto que nese ambente nacese. Si Galicia olla con dúvida o seu porvir é porque resoe e teme non acertar tan ben como quixera. Os galegos votarán o Estatuto, [con serea] Non ca ledicia do rapas atolado que sentíndose soio na casa vai prender fogo no palleiro, senón cun nudo [apretado] na gorxa como quen sai do fogar pra unha nova vida, e sinte sobre si o peso da responsabilidade i – a anguria do futuro. Non o berro, (senón) a bágoa quente e calada que roda pol-as meixelas veremos nós nese día nos galegos que a volta de unha vida de loita ven chegado o intre de facer unha Galicia mellor, e temen que a vida non lles deixe chegar ao lindeiro dos seus ensonos. Así sereamente votaremos ese Estatuto que consagra a Galicia como un pobo autónomo dentro do concerto dos pobos hispánicos e considera galegos a tódolos veciños de Galicia, [sexan ou non da terra], veñan de donde veñan, e mantén a oficialidade do castelán a par do galego. Páxina 16 |
|
Permitídeme que, a prol desto, vos lembre agora que Galicia [ten unha persoalidade de seu i- unha capacidade de goberno] ten non soio o deber galego o deber hispánico de se gobernar. I- o Estatuto é non somentes unha obra actual de hispanidade senón un froito da tradición hispánica. Cantos trazan hoxe no nome da historia unha interpretación totalitarista do Estado español son tan alléinos como os homes da época neocesárica que en nome da razón e do progreso desfixeron a vella Hespaña pluralista pra impor unha nova Hespaña a modo de Francia. Tan afrancesados como os traidores que agarraron as tradicións de goberno peninsuares son os italianizados (?) de hoxe, os xermanizados de sempre que soio saben vestir cos figuríns ideolóxicos de agora sin afondar no ser das cousas. Tradición do réxime pluralista o que axuntou nos reinos medievais a variedade das terras, dos pobos, das razas, das relixións, das cortes, das vilas, das xurisdicións, na unidade da [gran] Hispania maior, espello de libertades. Tradición pluralista a que consagrou pra cada variedá un réxime, un estatuto, un orgulo de fuero que se mantiña mesmo contra o soberán absoluto. Tradición pluralista, amigos, bebida nas fontes da máis pura doutriña cristián. Mais si esta é a tradición dos pobos da peninsua, nos temos tamén a nosa tradición non unitaria, senón pluralista (?), non centralista, senón armonizadora. Nós, os que hoxe co Estatuto pedimos a autonomía non somos un pobo de separatistas. Non sabemos o que é o separatismo. Somos o berce maternal das Hepañas a “terra gençor”, “la España madre de la España entera”, [o berce do Estado], a célula da formación histórica e social da Hispania cristián. Nós que Páxina 17 |
|
dimos aos pobos da peninsua unha lingua de arte i- un linguaxe de formas artísticas, un ideal relixioso, i- unha política, nos que abrimos pra Hespaña os camiños da fé, i- os vieiros do mundo temos dereito a gobernarnos por nós mesmos, pero temos tamén dereito a que se sepa que pedimos a nosa libertade non pra arrenegar da nosa hestoria [fraterna], senón pra que teña agora inda mellor cumprimento [cumprir agora] a nosa misión maternal de Galicia que ten diante sí, agardando de novo a sua fala xenerosa ás terras de Portugal, i – as terras da Hespaña a xunguirse nunha [superior] solidaridade superestatal.
[metade da páxina valeira] Páxina 18 |
|
Fixádevos agora un instantiño na hestoria do noso Estatuto. Dixemos que as libertades dos pobos teñen unha tradición hispánica, diremos [temos que decir] que esas libertades [galegas] hispánicas teñen [unha hestoria] o seu orixe en Galicia, naquela Galicia dos primeiros mosteiros e da primeira organización estatal fronte ao Andalus. Cando Galicia foi algo gobernouse de seu. Cando Hespaña contaba no concerto dos pobos, Galicia tiña unha estructura dee pobo autónomo. [E non penso ir lonxe, non]. Eu quero lembrarvos [(o) Reiño de Galicia que iniciouse onde non houbo conquista árabe senón iniciación de recon...] no Reiño dos Suevos [o primeiro en se convertir ao crist catolicismo] naquela gloriosa Hispania [prerrománica ante visigótica] gótica do século VIº que xorde onde nós puxemos os primeiros atreos do noso monacato e fomos os primeiros en retornar á vella fé. I- naquel outro Reiño dos primeiros tempos da Reconquista onde non poideron entrar os árabes conquistadores e foi xermolo do recobramento da terra cristián, I- aquela corte compostelán da época románica, florida de cantigas, esgrevia de arte, sabida de teólogos, cruxol de pobos, quintana de nacións, fogar do occidente cristián. Páxina 19 |
|
E nos tempos da máxima hexemonía do imperio Galicia conservou e mantivo a sua unidade nus organismos peculiares de goberno. [Gobernaba daquela] Representaba entre nós o poder central un Justicia Mayor, logo Capitán General do Reino que presidía aquel organismo executivo naquel ilustre tribunal de xusticia e adeministración [despois composto pol-o que hoxe] que se chamou a Real Audiencia de Galicia. [A par dela] Representaba ao pobo galego a Junta do Reino formada pol-os procuradores das sete cibdades e mesmo das vilas da nosa terra que decidían co seu voto en xuntanzas os choios importantes especialmente os de facenda, chegando as veces a discutir asuntos da soberanía real. Este Reino xunto en Cortes tivo un carácter democrático, non nobiliario nin eclesiástico, porque o poder real pra abaixar os privilexios forales dos outros brazos anulou a sua actividade e [preferindo a burguesía nas cidades] dou preferencia ao terceiro estado. Esta Xunta tivo tiduo de alteza Serenísima, como sucesora de Reises, tiña bandeira, marcha e guardia de seu, formaban pra ela as tropas, abatíanse as bandeiras Páxina 20 |
|
do Estado ao seu paso. Se o Gobernador [podía oporse] rehusaba un acordo da Xunta erguíase esta ao Rey con procuradores con mandato imperativo pra pra a derradeira instancia dos acordos. Desta Xunta dependeu aquela “Armada de Galicia” que librou a Galicia de corsarios no século XVI. Esta Xunta foi a que fixo sempre a ofrenda do Sacramento que os lugueses tedes como a máis tradicional das vosas festasa. No século XVIII cando a hexemonía de Francia impuxo a España a organización centralista que afogou a vida [libre dos pobos] das nosas máis fermosas institucións antergas, [decaiunoa as nosas] – os Reinos, os gremios, os Colexios Mayores – cando unha arroutada de humanismo cosmopolita [uniformalista] uniformador i- egoista sacudía á Europa, decairon os organismos da vella Galicia. Un lóstrego de rexurdimento foi a Xunta Páxina 21 |
|
suprema [do] que na guerra da Independencia soerguen ao noso pobo, que él soio, contra a torpeza dos reises, contra o goberno de Madrid, contra os intelectuais afrancesados i- os burócratas traidores, escribiu unha das máis fermosas páxinas da nosa hestoria [como am polas] nun pulo autóctono de patriotismo como a Cataluña do Bruch, [i- a Zaragoza como Aragón], como a Castela do Alcalde de Móstoles. Dende entón Galicia quixo moitas veces retornar á sua vella unidade. Na revolta de do 1846 vía a famosa Asamblea de Lugo. Na república do 1873 que axunta en Compostela aos mellores de Galicia cun pensamento de estructurar o Estado autónomo. Na Solidaridade Galega que soergue en Galicia un pulo de defensa. Na campaña do 1918 cas Irmandades por unha autonomía. Na Dictadura do 1923 en que Páxina 22 |
|
xuntas en Santiago as Diputacións tentaron [quixeron] formar unha mancomunidade. I- hoxe ca República a sua Constitución posibilita de “rexións autónomas”. [Nos pra] Galicia trazou co P. Sarmiento no séclo XVIII as bases deste retorno á natureza que son os movimentos do patriotismo [local] da terra. Galicia acolleu con Pastor Díaz no regreso á vella lingua e con Faraldo na doutriñas da libertade dos pobos denantes de ningún outro pobo, este afincamento na historia, este retorno ao medievo e o romanticismo. Galicia ergueu un movimento provincialista galego cos irmáns da Iglesia , e dou tono político rexionalista con Brañas e a sua teoría, e soerguen ao terreo nazonalista cultural con Vicente Risco [e Vilar Ponte] a este proceso de integración galega. Fumos nós quen ensinou o naturalismo do XVIII, o romanticismo, o provincialismo, o rexionalismo, Páxina 23 |
|
aos outros pobos de Hespaña. En Brañas adeprenden Prat de la Riba o nazonalismo catalán. O “Estatuto de Galicia” o primeiro redactado en España, foi modelo para os outros estatutos de Catalunya e de Euscadi. Dá vergonza que poida decirse hoxe en España “tamén os galegos?” Cando nós podemos ter o orgulo de ser os iniciadores de un movimento que en definitiva ha salvar as esencias da hispanidade. (metade do folio en branco) Páxina 24 |
|
E con respeito a este Estatuto que agora se plebiscita, como decir –leino o outro día nun xornal católico i- estatista – “ Este Estado le hicieron sentencia”? Non, amigos, o feitio do Estatuto é garantista da nosa capacidade e do noso siso político. E demostra ademáis a eficacia da política corporativista. [Foi feito] Lembrade como foi feito. [Organismos] Centros de estudio, partidos [fixeron] e técnicos redactaron ponencias. Asambleas abertas de corporacións, organismos, i- entidades discutírona deica chegar a esta fórmula de hoxe, que vai recibir a nosa aprobación [estatutaria] plebiscitaria, que vai ser inda aprobado polas Cortes de España. E que fermoso texto legal, ordenado, orgánico, prudente, restaurando Páxina 25 |
|
axeitada aos tempos a vella institución da Xunta, aceptando tódal-as garantías pra as minorías de opinión ou formación da Xunta Provisional con un diputado por cada partido, [mesmo] sin limitacións ideolóxicas, adoitando a representación proporcional, o recall, o referendum “sin unha verba persecutoria nin un berro de insularidade”. Este é o estatuto que imos votar. O Estatuto de Galicia non é pois a carta outorgada por un feixe de partidos, de que algúns falan, senón a regulación de unha autonomía que por ser pra todo-los galegos portodos ten de ser votado. O día 28 co noso voto escomeza o traballo de todo-los bós galegos, militen no terreo que queiran, pra que Galicia sexa de agora en diante non eira de loitas, senón integración de crases e de agrupacións nunha suprema aspiración patriótica. Nós, os homes da Dereita Galeguista non loitaremos por gobernar, senón porque Galicia sexa gobernada, dando a esta verba ese siso “económico” que ten nos fogares labregos, non a cedume que leva nos beizos dos políticos. Que o Estatuto, obra de todos en ben de todos, non ademite monopolios nin [centralismos] sectarismos. Páxina 26 |
|
I- agora unhas verbas pra as xentes de dereitas que me escoitan, pra cantos tendo con nós a comunidade da fe, ou a coincidencia na interpretación da vida militen [onde queiran] neste terreo que dimos en chamar a dereita – que non é certamente a area da burguesía, nin do capitalismo, como pensan algúns – seña cal sexa o seu programa teñen de [meditar] tomar unha determinación pra o día do plebiscito [hoxe sobre o estatutismo galego]. Nós non vimos á política galega a facer cargos a ninguén, a botar pauliñas, nin a erguer liorta. Non, non [queremos] podemos pedir pedir hoxe contas a ninguén da sua conduita a respeito do Estatuto. É certo que [nós as dereitas galegas tivemos un día] pudo ter vido pol-o esforzo das dereitas e que veu cando gobernan as esquerdas. Un dato máis pra que o sumedes a unha longa e tristeira esperiencia. Outros escriben por nós con letra roxa os postulados da nosa doutriña nós deixamos, con verdadeira contumacia, que as verdades católicas se convirtan en tolerías sectarias e que a nos xusticia ande pol-o mundo vestida de iniquidade, mais o cristián , o verdadeiro cristián ten unha leda confianza nestas aparentes contradicións; non en van o mundo naceu a nova vida baixo os brazos de un patíbulo, i- a redención consumou no mais tráxico dos crimes. [Pior é, amigos e irmáns que vistamos nos. Que a nosa] Páxina 27 |
|
Malo é que os outros fagan mal co noso ben, e mentira das nosas verdades. Pior é que nos vistamos a iniquidá, con máscara de xustiza, ou o erro con veste de virtude. Si forzas que nos son adversas [van levar] poden hoxe levar a termo baixo un siño alleo o que nos debéramos ter feito baixo o noso ideal, culpa é nosa i- o remedio non é a esteril revolta contra as nosas ideias, nin o aldraxe aos mais, senón a aceptación da nosa posición actual con ánimo [esprito] de sacrificio, siquer sexa en reparación da pasada inanidade, i- o traballo pol-a rectificación, [baixo un] en esprito de confianza no porvir e de amor aos nosos contradictores. Un destes sacrificios, eu ben o sei, ides [vades] facelo vos votando o Estatuto o día 28. Mais eu penso que non será un sacrificio esteril. Primeiramente por galeguidade. Pois si hay en Galicia quen vote o Estatuto por discipriña de Partido ou que faga do Estatuto [programa] interés de grupo, vos amostraredes contra él a vosa [galeguidade], auténtico senso galeguista, votade, por puro amor á terra, por auténtico e calado patriotismo, ese SI que en vos é un asentimento aos mandados da tradición [e non un servilismo ás ordes Páxina 28 |
|
i- un desexo de] porque vos non renunciades, non podedes renunciar a que o Estatuto sexa unha reintegración de Galicia ao seu propio ser histórico e tedes que confiar pra elo si fai falla mesmo nos vosos adversarios, porque son galegos i- en todo galego, por arredado que esté hoxe de nós, hai un sentido da patria que os partidos, i- os comités, i- as alianzas electorás non poden afogar. Si votamos o Estatuto é pois porque queremos continuar a hestoria de Galicia. Si queremos a autonomía [é porque] non é [ porque] pra que ninguén se aproveite das nosas vellas libertades. Si erguemos nas nosas mans a bandeira azul e branca é porque sabemos que nin dou, nin da nin dará cobixo a traidores, nin a incendiarios, nin a asesinos, porque [imos confiar, porque imos esa bandeira leva aínda] os mesmos que hoxe defenden o Estatuto como porta pra a libertade – si [mañán ] un balbordo [vento]de barbarie sulaga a outra terras serviranse con nós do Estatuto pra pechar unha porta contra a escravitude. Páxina 29 |
|
I- en segundo lugar por comenencia política, pra a futura gobernación do país galego. Nós, os católicos de G., nos as dereitas galegas teñamos ou non a maioría da opinión temos nas nosas mans o plebiscito. De nós depende que trunfe ou que fracase. Cos nosos votos pódese traer o Estatuto.. Sin os nosos votos, ou dará resultado negativo [ou será un fraude electoral, deshonra da nosa terra, e será unha patente da nosa inexistencia / indinidade/ como pobo] ou será un fraude electoral pregón da nosa indinidade civil.. Nós podemos hoxe escoller. Non val que nos digan: “Non queremol-os vosos votos...”, nós, non precisamol-a vosa axuda. Non somos nós os que temos que decidir si a Galicia lle conven refugar, [ por cinco anos] cicais pra sempre a solución do seu problema autonómico. I- eu vos digo que a ningún católico galego, i- eu vos aseguro que a ningún home galego que teña un [sentido] senso conservador e tradicionalista da vida se lle pode pasar pol-as mentes a ideia de facer fracasar hoxe o plebiscito estatutario, que recaia riba dos católicos e da xentes de dereita a responsabilidade de este fracaso. [Pero tamén vos digo que Páxina 30 |
|
visto] Mais coidade na posición contraria. Supoñede, non é moito supoñer [cicais] , que trunfa o plebiscito, que se impoña o Estatuto, que unha Galicia autónoma guiada pol-o Frente Popular navega cara un incerto porvir. Ti, católico, ti dereitista, que o día 28 quedaches na casa, ti que aquel día non dixeches que “si” non poderás [cicais evadirte dos problemas dicindo: “Yo no traje esto, yo me opuse a esto” mais non poderás] con frente ergueita chamarte á parte nesa obra autonómica. [Non,] Ti terás a necesidade de decir: “Eu axudei a que viñese o Estatuto i- agora non tolero que se me defraude...”? [Non coviña mais] Convén que poidas decir: “Eu traballei por un Estatuto de Galicia, non de un Partido, eu pido que se respete o que todos, todolo-s galegos a unha temos conquerido “Ese Estatuto do 28 de xunio que votamos dereitas i- esquerdas, ese Estatuto é unha carta de convivencia, non unha patente de persecución”. Páxina 31 |
|
“Eu non deixo que ninguén queira trocar en garduñas as pombiñas que nos deixou as furnas o día 28 de xunio do 1936”
(o resto do folio está en branco) Páxina 32 |
|
[Na furna, eu votei no 28 de xunio unha branca pomba e non deixo que ninguén ma troque en garduña] . Pero temos inda algo mais. O Estatuto que aproba a Asambreia de Compostela do ano 1931, gracias aos nosos esforzos, pois alí traballamos moitos homes de dereitas, non é un Estatuto sectario, [pol-a contrario ós avesos] e un texto limpamente aberto a todos, sin unha soia liña que repune á [nosa] concencia de católicos [ou aos dereitos dos non galegos estabrecidos en Galicia. Ese Estatuto defende e consagra a constitución da xunta provisional para todol-os partidos, mesmo os adversos ao réxime, nas institucións democráticas de representación proporcional do referendo e recolle os nosos dereitos posibremente minoritarios na Galicia de mañán]. I- eu vos digo tamén. Si queremos que este Estatuto se manteña tal cal é, si hemos ter dereito o día de mañán a berrar ben outo si as Comisións de Páxina 33 |
|
o Parlamento por unha democracia do embudo o sofistican, si hemos ter forza pra exixir que o Estatuto de Galicia sexa este Estatuto Galego [ en non outro feito a mensura e gosto do] que nos facemos e non outro ao gosto dos partidos de turno por gracia parlamentaria queren darnos, temos de votar o 28 de junio esto que queremos pra [rachar] refugar dende agora o que podamos non querer. I- arriscarnos as molestias do voto [pra ter despois os dereitos da crítica] no plebiscito para merecer logo os dereitos do voto na democracia galega. Páxina 34 |
|
Católicos galegos, homes da dereita do meu país, por ves primeira na hestoria de Galicia nós todos somos chamados a decir co voto a nosa conformidade ou a nosa disconformidade nun asunto de concencia, unha cuestión de ideias, non envolta baixo apariencias de persoalismo, espida de todo baixo interés persoal. Por ves primeira na nosa hestoria, amigos, imos decir si Galicia quer gobernarse de seu. [Eu vos pido,] Galicia vos pide que neste día solene do 28 de xunio non sexades vos quen deserte. [Galicia vos prega] Galicia, os que por coñecela a amamos moito vos pregamos que non fagades fracasar denantes de nacer o réxime autonómico do noso pobo. En nome dos galegos que ensoñaron esta hora e que xa Páxina 35 |
|
se foron da patria terra, [en nome de] pol-os galeguistas católicos que xa non poden falar e actuar hoxe eiquí en ningures nesta hora decisiva, eu vos prego que fagades o sacrificio de votar [o día 28] Pol-o aceno ideal de Brañas. Pol-a obra esgrevia somos orfos de López Ferreiro, de Lago González, de Lousada Diéguez, de Amor Ruibal...mais non estamos soios neste intre cheo de responsabilidades [ traxicamente dooroso en que ollamos en mans alleas a nosa sangra bandeira que é un anaco de ceo]. Non estamos soios. Temol-os a eles e temos todo o tesouro [da nosa fé, da nosa espranza nese deseo] “misterio de fé” que é escudo e guieiro da terra galega, no sagro Grial da nosa espranza, no calis do infindo amor. Adiante irmáns. Deus cos irmáns galegos. Páxina 36 |