Nacemento

historia da lingua e literatura galega

O documento literario máis antigo dos coñecidos na actualidade é a cantiga satirica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Joam Soares de Pavia, escrita contra o ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en galego, a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de Portugal (1214), mostras da prosa tabeliónica medieval.

Galicia constitúe xa desde o século VlII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; isto non impide que chege a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII.

Neste contexto o galego é a língua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita. Ha se-la presión deste monolingüismo oral o que leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a posuí-lo status de língua universal de cultura.

Esta é a etapa de maior esplendor da literatura galega. O galego convértese na língua por excelencia da lírica en case toda a Península. Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa, posto que ata mediados do século XIV as dúas línguas forman un tronco común.

O galego atinxe agora o rango de língua internacional, xa que está presente tanto na obra de literatos de diversos países (galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos, etc.), coma en diferentes cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...).

As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana medieval máis nacementorelevante de toda a Península.

Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como língua literaria a finais do século XIII.

En comparanza coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía. Cómpre ter en conta que os centros culturais da época eran os mosteiros e escolas monacais, nos que imperaba o uso do latín eclesiástico. Aínda así, a partir de finais do XIII, e máis significativamente nos séculos XIV-XV, os temas de maior difusión na Europa medieval recóllense en língua galega. Mostra disto son os relatos do ciclo bretón en torno á figura do rei Artur; os textos referentes á historia e destrucción de Troia, como a Historia Troiana e a Crónica Troiana; e os Miragres de Santiago, conxunto de relatos que contan desde a destrucción de Xecusalén ata a milagrosa intervención do Apóstolo en diferentes situacións. Nesta época inclúense algúns textos dentro da producción de prosa galega que son traduccións ou translacións doutras línguas con elaboración propia: Crónica Xeral Galega, General Estoria, Crónica Galega de 1404 e Crónica de Santa María de Iria.

seculos oscurosDesde o século IX a língua falada no extremo noroccidental da Península estaba tan diferenciada do latín, que podemos considera-la existencia de dúas línguas: latín e galego.

 Sen embargo non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século Xll, xa que o latin continuaba a se-la língua de cultura dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia, senón en toda a Europa medieval.

 

OS SECULOS ESCUROS

Ó final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.nacemento

Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.

Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela, afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.

Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos —XVI, XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS— estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués, entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.

O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.

A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.