O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".
A toma de consciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara ó nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da língua.
O nacionalismo está tan vencellado ó idioma, como esencia de identidade colectiva, que as primeiras manifestacións do movemento as constitúen precisamente as Irmandades da Fala. Creadas para a defensa, dignificación e cultivo do idioma, a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916.Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra.
Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.
En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra.No século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Créanse organismos como as Sociedades Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.
Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos. O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".
As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como finalidade a eliminación do lastre folclorista da cultura galega, mediante a súa actualización, normalización e universalización. A revista contaba coa colaboración de autores estranxeiros (portugueses, irlandeses, cataláns, franceses...), que a poñían en contacto coas correntes europeas, ademais de traduccións variadas e artigos, tanto de carácter científico (arqueoloxía, etnografía, antropoloxía, socioloxía...) coma literarios.
A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo: Arredor de si, Devalar ou Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O porco de pé, de Vicente Risco, son títulos que forneceron a nosa literatura de novas técnicas de creación que se estaban a desenvolver na literatura europea incorporándolle temáticas universalistas, lendarias e exóticas, urbanas e pensamentos filosóficos.
A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.
Merece mención á parte a figura polifacética de Castelao, clásico da literatura galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político (Sempre en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista galego) e outros titulos que reflicten conxuntamente a súa capacidade como debuxante e literato. A figura de Castelao entraña unha grande significación política plasmada na súa obra ensaística e na súa participació nactiva e directa na política do país (foi deputado da República nas filas do Partido Galeguista).
En 1931 créase o Partido Galeguista,que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a língua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantisimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa etapa para as línguas minorizadas do Estado español.