Dos Precursores ó Rexurdimento (I)

No século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Créanse organismos como as Sociedades Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.

Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos.

Participan tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la condición de "dialecto" para o galego, e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico de Sarmiento. A súa obra constituíu a primeira chamada de atención cara a unha problemática lingüística que se ha manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do XIX. "Rexurdimento" é o nome con que se coñece o movemento de rexeneración da nosa cultura que tivo lugar ó longo do século XIX. Este termo expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica.

 Participan tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la condición de "dialecto" para o galego, e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico de Sarmiento. A súa obra constituíu a primeira chamada de atención cara a unha problemática lingüística que se ha manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do XIX. "Rexurdimento" é o nome con que se coñece o movemento de rexeneración da nosa cultura que tivo lugar ó longo do século XIX. Este termo expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica.

A raíz da invasión francesa (1809) e dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais, xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con fins propagandísticas. Uns chaman o campesiñado á defensa do país, e outros defenden as ideas liberais.

Ó longo do século, trala caída doabsolutismo e o inicio da monarquía constitucional, nacen diversos movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e da personalidade diferenciada de Galicia.

O primeiro deles, aparecido contra os anos 40, foi o Provincialismo, que denunciaba a marxinación social do país e procuraba a valoración social da súa arte, dos costumes e da historia. Os provincialistas víronse apartados da política despois do seu apoio ó fracasado levantamento militar de Solís,que tivo como consecuencia o fusilamento dos Mártires de Carral, e refuxiáronse no mundo da cultura e da literatura.

A segunda xeración galeguista, o Rexionalismo, compaxinou cultura e política, facendo da língua a súa preocupación primordial.

A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea.

En 1861 celébranse na Coruña os primeiros Xogos Frorais. As composicións premiadas, xunto con mostras da poesía contemporánea, recóllense un ano máis tarde no Álbum de la Caridad, primeira antoloxía do Rexurdimento galego.

Rosalía de Castro

A publicación en 1863 de Cantares gallegos, primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó longo desta etapa publícanse na nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que o ano máis fructífero para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen á luz composicións dos autores de máis sona do momento: Follas novas de Rosalía de Castro, Aires da miña terra de Curros Enríquez, e Saudades gallegas de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

Entre todos estes escritores, Rosalía de Castro transcende coa calidade da súa obra as nosas fronteiras para se incorporar á historia da literatura universal. Os seus versos teñen sido obxecto de múltiples estudios e traduccións a diversas línguas. 

Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.

José Fontenla Real

A consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes salientables, como Maxina ou a filla espúrea, (1880) de Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grandesona entre as clases populares foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal, obra de crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en vida do autor. Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López Ferreiro, autor de tres importantes novelas: A tecedoira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de Pombas.

O xénero teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación de A casamenteira en 1812 ata a década dos oitenta non houbo actividade editorial relacionada co teatro.

A presencia da língua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixia-lo idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego, O tio Marcos da Portela.

Manuel Curros Enríquez

O éxito deste xornal, con marcado carácter anticaciquil, resultou espectacular. Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo en Galicia, coa aparición de novas iniciativas monolingues: O Galiciano, en Pontevedra; en Lugo, A Monteira; e As Burgas, en Ourense.

Os autores do Rexurdimento descoñecen a existencia da rica tradición lírica medieval galega. Escriben co convencemento de que son os iniciadores do cultivo literario do idioma. Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os obriga a partir dos usos orais.

Manuel Martínez Murquía

 Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da língua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864); e Gramática Gallega, de Saco e Arce, o primeiro estubio serio do idioma galego.

Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).

 Chegada a fin do século XIX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; asemade faise patente un descenso no nivel de uso oral. A língua galega non vive aínda ucha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais (clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos concretos (urbanos).