Cronoloxía

Eladio Rodríguez González - 2001


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

 

1864.- O 24 de xullo, na Ponte de San Clodio (Leiro-Ourense) nace Eladio Rodríguez González.

1870.- Asiste á escola de primeiras letras no vello mosteiro de San Clodio.

1871.- Primeiro contacto coa cidade de A Coruña a través duna visita ó seu tío, con quen comeza outra etapa de estudio.

1886.- *) Consigue o primeiro recoñecemento nun certame poético ó recibi-lo accésit no Certame Literario de Pontevedra co poema “A Noite de San Xoán”, que posteriormente incluiría no seu primeiro libro, Folerpas.

            *) O 7 de febreiro deste ano publica en O Tío Marcos da Portela o seu primeiro poema: “Os gallegos fóra dos lares”.

1887.- *) Establécese definitivamente na Coruña.

           *) Catro dos seus poemas reciben outros tantos premios nos Xogos Frorais de Betanzos: “Os orfos da emigración” (premio de honra); “O puzo do barco” (premio con Caravel de Prata); “As festas da miña terra” (lira de prata); “¡Arrenégote, moda!” (primeiro accésit).

1888.- *) O 20 de agosto comeza a traballar como funcionario do concello de A Coruña.

           *) Dirixe nesta cidade o xornal La Mañana (diario liberal-conservador).

1891.- *) Obtén o primeiro premio nos Xogos Florais de Tui co poema “¡Desperta!…”, que foi lido por Alfredo Brañas.   

           *) O 23 de marzo casa con Josefa Yordi Visier, coa que terá seis fillos e vivirá no cuarto andar no número 140 da rúa San Andrés.

1894.- Publícase o seu primeiro libro Folerpas, na Biblioteca Gallega.

1896.- Ocupa o cargo de director do xornal coruñés El Noroeste.

1897.- Constitúese na Coruña a Liga Gallega.

1904.- Participa na fundación da Asociación da Prensa de A Coruña, o 5 de decembro.

1906.- Celébrase a sesión inaugural da Academia Galega, da que Eladio Rodríguez é un dos corenta membros fundadores.

1915.- Obtén en Lugo un premio polo poema “Sombras”.

1916.- *) Colabora na creación da agrupación folclórica “Cántigas da terra”.

           *) Obtén o primeiro premio no Certame Literario de Santiago de Compostela, co poema “Paisaxes”.

           *) Ingresa como membro das recentemente creadas Irmandades da Fala, na que é nomeado primeiro mestre da Fala no mes de novembro.

1917.- É nomeado primeiro presidente do coro “Cántigas da Terra”.

1918.- *) Aparece o suplemento “Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste”. Nel colaboran autores da talla de Vicente Risco (que dous anos despois crea en Ourense Nós, na que colabora o propio Eladio Rodríguez) e ábrese cun artigo de don Eladio titulado “Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo”.

           *) Obtén o primeiro premio na Festa Galega de Lugo co poema “Alma de raza”.

1920.- *) É nomeado secretario da Academia Galega.

          *) Pronuncia o discurso de contestación ó de ingreso de Ramón Cabanillas na Academia Galega.

1922.- Publícase en Ferrol o seu segundo libro: Raza e Terra.

1924.- A Liga de Amigos de Santiago de Compostela concédelle o Premio de honra da Festa da Lingua Galega, polo poema “Oraciós campesinas”.

1926.- Accede á presidencia da Academia Galega; cargo no que permanece ata 1934, en que conta con 70 anos.

1927.- *) Publícase, de novo na Coruña, o seu terceiro e último libro de poemas: Oraciós campesinas, considerado unha escolma da súa evolución poética.

           *) O 24 de abril ingresa no Seminario de Estudos Galegos coa lectura do poema “Oraciós campesinas”.

1929.- *) Recibe unha homenaxe na súa terra natal, Rivadavia.

           *) É nomeado fillo predilecto da súa vila natal, Leiro.

1932.- Membro da comisión redactora do Estatuto de Galicia de 1936, en calidade de presidente da Academia Galega.

1937.- Xubílase como funcionario do concello de A Coruña.

1949.- Falece na súa cidade de adopción, A Coruña, e é soterrado no cemiterio de San Amaro.

1958.- Aparece, editado por Galaxia, o primeiro volume do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano.

1960.- Publícase o segundo volume do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano.

1961.- Terceiro e último volume do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano.

1964.- A Real Academia Galega tribútalle unha homenaxe co gallo do centenario do seu nacemento.

2001.- Adícaselle o Día das Letras Galegas.