Cronoloxía

Frei Martín Sarmiento - 2002


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE F.M. SARMIENTO | PARA ACHEGÁRMONOS A F.M.S.

 

* 1695.

- Na noite do 9 marzo nace en Vilafranca do Bierzo Pedro José García Balboa, que posteriormente sería coñecido como Frei Martín Sarmiento. É fillo dos galegos Alonso García Gosende –mestre de obras- e de Clara de Balboa Sarmiento, que xa tiñan tres fillos (José Antonio, Alonso Antonio e María Bernarda Josefa).

- Dez días despois, o 19 de marzo é bautizado na parroquia de Santiago.

- En xullo (catro meses despois do seu nacemento) a familia trasládase a vivir en Pontevedra, onde nacen os dous irmáns menores de Frei Martín: Rosa e Francisco Javier.

* 1702. - 4 de outubro bota a súa primeira sinatura.

* 1710.- 3 de maio marcha de Pontevedra a Madrid para face-lo noviciado no convento de San Martín, pertencente á Orde Benedictina. Estudia arte e filosofía no colexio de Hirache.

* 1711.

- 24 de maio profesa os seus votos.

- A mediados de outubro pasa a estudiar Artes no Colexio de Hirache, e logo Filosofía.

* 1714.

- A mediados de abril regresa a Madrid.

- A primeiros de outubro viaxa a Salamanca para estudiar Teoloxía no Colexio de San Vicente.

* 1716.- Matricúlase na Universidade de Salamanca no curso 1716-1717, e regresa os veráns a Madrid onde o empregan en escribi-los estados para o Capítulo General. É nesta época salmantina cando cambia de nome, abandonando o real (Pedro José García Balboa) para adopta-lo de Frei Martín Sarmiento.

* 1717.- En novembro vai de pasante ó mosteiro de Eslonza, o que fai tamén nos dous anos seguintes para regresar nos veráns a Madrid.

* 1720.

- Tras unha curta estancia en Salamanca, de regreso a Eslonza, remata a etapa leonesa de Frei Martín.

- O 1 de novembro iníciase a etapa asturiana no convento de Celorio onde enseña Teoloxía e predica uns 20 sermóns.

* 1723.

- En maio deixa Celorio e trasládase ó convento de San Vicente de Oviedo onde se atopa con Feijoo, co que entablará unha grande amistade.

-13 de decembro escribe Romanzón a la caída de la torre de la catedral de Oviedo.

* 1725.

- Remata a etapa asturiana e retorna a Madrid, pero viaxa antes a Pontevedra para despedirse da súa nai que xa tiña 75 anos. Chega a Madrid o 27 de outubro logo de percorrer, Vía Luarca, Ribadeo, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Tui, Ourense e León.

- De decembro son os Escritos crítico-burlescos contra la Compañía de Minas de Guadalcanal.

* 1726.

- Entre febreiro deste ano e maio de 1727 Sarmiento vive en Toledo.

- Desta época son Martinus contra Martinum (28-XII-1726) e Papel Satírico contra Carlos de Montoya y Unzueta (mércores de cinsa, 1731), ambas en defensa do Teatro Crítico.

* 1730.- Conjeturas para establecer algunas etimologías de diferentes voces, que se usan en España (principiadas este ano e continuadas, moi irregularmente, ó longo da súa vida).

* 1732.- Escribe a Demostración crítico-apologética del Teatro Crítico Universal, que é a única obra publicada en vida de Frei Martín Sarmiento, e que tivo dúas redaccións.

* 1737.- Falece a nai de Frei Martín Sarmiento ós 84 anos de idade.

* 1741.

- Plano para formar una descripción general de América.

- Entre 1741 e 1745, e a petición do cardenal Valenti Gonzaga, escribe Memorias para la Hª de la poesía y poetas españoles.

* 1743.

- Dictame sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (14-VI-1743, por orde do rei Felipe V).

- Reflexiones literarias para una Biblioteca Real (30-XII-1743, por suxerencia de Juan de Iriarte).

- Sobre el ocho por ciento (1743).

* 1745.- El Capítulo General de Valladolid (do 12 ó 23-V-1745) dalle ocasión para realizar unha nueva viaxe a Galicia que ten planeada desde hai meses, e que lle permite unha estancia de sete meses (entre xuño de 1745 e xaneiro de 1746).

* 1746.- Xa de volta en Madrid, trala morte de Felipe V e a exaltación de Fernando VI, escribe el Coloquio de Perico e Marica. Coplas ou Coloquio de 24 gallegos rústicos.

* 1947.- Reiníciase o encerro madrileño e escribe Comento ou Glosario (13 primeiras coplas), e Novo dictame sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (redactado entre o 29-VI-1747 e o 30-VIII-1748, por encargo do fillo do rei Felipe V, Fernando VI).

* 1748.- Catálogo de libros selectos (en 1748, para o marqués de Aranda).

* 1750.- Índice individual (1750, da súa biblioteca particular).

* 1751.

- É unha data significativa na súa traxectoria científica porque é cando empeza a deenvolve-la súa preocupación de naturalista e, sobre todo, de botanista.

- Escribe este ano Sobre el sistema de hacer una descripción general de toda España (1751), Plano de un nuevo y fácil método para formar una general descripción geográfica de España (1751 e a petición, probablemente, do marqués da Ensenada) e Comento ou Glosario (da copla 14 á 30, entre 1751-1753).

* 1752.- Escribe Sobre el animal zebra (1752, para o conde de Maceda), Sobre el archivo de Samos y archiveros (1752), Sobre el archivo de Celanova (1752, a petición da Orde benedictina á que pertence Frei Martín Sarmiento).

* 1753.- Redacta Pensamentos crítico-botánicos (1753-1762).

* 1754.

- Neste ano péchase outra etapa na biografía de Frei Martín, xa que o 5 de maio abandona Madrid fuxindo da fame, aínda que tamén tiña planeada xa esta viaxe a Galicia desde algún tempo atrás. É a súa estancia máis longa, xa que non regresa a Madrid ata o 27 de novembro de 1755; un tempo durante o que recolle nomes vulgares de prantas e voces galegas en xeral.

-Inicia o Catálogo de voces vulgares e en especial de voces gallegas de diferentes e o Catálogo de voces e frases de la lengua gallega (é a segunda parte, pois a primeira contén os materiais achegados na súa primeira viaxe a Galicia en 1745).

* 1755.

- Antes de regresar a Madrid escribe Sobre el origen de la lengua gallega y sobre la paleografía española (carta ó padre Terreros escrita en Pontevedra o 17-I-1755).

- 27 de novembro chega de novo Frei Martín a Madrid. Recúlese na celda. Ten 60 anos e comeza a súa época máis fecunda traballando, sobre todo na botánica.

* 1756.- Aparecen as primeiras obras de temática naturalista como o Onomástico latín-gallego de los vegetables que vió el P. Sarmiento (quizáis en 1756), o Acedarach, árbol llamado inicuamente cinamomo (Madrid, 1-IV-1756), Origen de las voces pontega, puga y púa, de origen grego (8-VII-1756), Sobre el hypocisto de bótica y de los libros, en gallego pontegas (11-VII-1756), Pregunta: si nacen en Galicia, en qué sitios y en qué cantidad, de qué calidad los vegetables kali, sosa y barilla (Madrid, 1-VIII-1756), Tilia, árbol texa, latín tilia. Equívocos (10-VIII-1756), Noticias de algunos vegetables extraños que ya están connaturalizados, y se cultivan en España, o en tierra o en tiestos (4-XI-1756).

* 1757.- Frei Martín Sarmiento segue cos seus estudios etimolóxicos e redacta o Borrón de varios nombres gallegos de vegetables ou Onomástico etimológico de la lengua gallega (principiado en 1757, continuado en parte en 1758, interrompido logo ata 1766 e continuado en 1769), e tamén de carácter científico, volcándose na historia natural: Sobre el phenicoptero o flamento, ave (1757), La planta cóscora, cóscora, junta pulpa, etc. El geum de Tournefort (14-VIII-1757)., Respuesta sobre unas plantas remitidas de Asturias a Madrid en 1757 (19-X-1757), e Mostajo en castellano, en León, Asturias y El Bierzo mostayo, en liébana mostazo (16-XII-1757). Tamén escribe obras por encargo como Sobre los caminos reales de toda España (1757, a petición del conde de Aranda).

* 1758.- É un ano de escritos eminentemente etimolóxicos: El porque sí y el porque no del P. Sarmiento (1-I-1758); Etimología de el nombre del lugar de San Martín de Sacar de Bois (3-II-1758); Etimologías de la voz de Valedorras y de su puente Cigarrosa (12-II-1758); Elementos etimológicos según el método de Euclides (iniciados o 1-VI-1758 e interrompidos ata 1776 en que os remata); Castellanos de Orense (27-X-1758).

* 1759.- Recupera a temática natural e escribe Sobre los atunes o almadrabas (1759), Árbol betula, en gallego bidueiro, en castellano abedul (4-VIII-1759), e De la planta carqueixa (4-XII-1759, segunda redacción).

* 1760.- Continúa su producción con: Sobre el lobo cerval (1760), Sobre el papión o cynocéphalo (1760), Sobre los peces cetáceos orcas (1760), Origen de la voz gallega mixiryqueiro (1760), De las plantas scrorofularias (25-IV-1760) e Sobre la planta bardana (28-VI-1760).

* 1761.- Simultanea a redacción de obras de corte etimolóxico coas de carácter naturista: Sobre el animal cebra que se criaba en España (1761), Origen del nombre y casa de San Julián de Samos (1761), Descripción, efectos y virtudes del vegetable carqueixa (30-III- 761, tercera y más amplia redacción), Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de el Miguel de Cervantes (9-V-1961), Comento ou Glosario (da copla 30 á 41, do 7 ó 14 de agosto de1761) e Sobre plantas que han venido de Toledo y de sus vecindades y del Castañar (19-X-1761).

* 1762.-Prosigue a actividade creadora de Sarmiento con estudios como Noticia de un cuerpo de rhino-ceronte (1762), Obra de seiscientos sesenta pliegos (iniciada en 1762, traballa nela ata 1766), Problema corográfico para describir todo el reino de Galicia con un nuevo método (1762), Sobre la planta manzanilla (6-VI-1762), Papel curioso sobre la planta que en Galicia es muy común y se llama seyxebra (redactado entre o 15 de maio e o 30 de agosto de 1762), Árbol de Aranjuez que se cree ser del palo santo 82-IX-1762), así como: Origen de la voz Escurial (11-X-1762).

* 1767.- Reaparecen as obras de Frei Martín que seguen mirando cara Galicia: De la grama olorosa, en gallego lesta (29-VIII-1766, cunha adición o 10-X-1767) e Comento ou Glosario (da copla 41 á 70, en 1767).

* 1768.- É a última etapa da vida de Frei Martín Sarmiento, e a ela corresponden traballos como Sobre el vegetable bangué exótico y oriental (1768) e Educación de la juventud (8-XI-1768). Este último reflexa as preocupacións pedagóxicas típicas deste último periodo.

* 1770.- Elabora os seus derradeiros escritos: Comento ou Glosario (da copla 70 á 146, no ano 1770) e Discurso apologético por el arte de rastrear las más oportunas etimologías de las voces vulgares (20-X-1770).

* 1772.- Morre en Madrid o Padre Sarmiento.