Vida

Frei Martín Sarmiento - 2002


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE F.M. SARMIENTO | PARA ACHEGÁRMONOS A F.M.S.

 

Considerado un dos pais da lingüística galega, Pedro Xosé García Balboa –verdadeiro nome de Frei Martín Sarmiento- nace en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695.

Ós catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra onde pasará a súa infancia e parte da mocidade. Alí vive nunha casa con soportais, próxiRua na que Naceo F.M. Sarmientoma ó pazo dos Mosquera-Sotomayor, marqueses de Aranda, na rúa da Palma. Máis tarde trasládanse ó Pazo de Santa Margarida, construído polo seu pai en Mourente, fronte á ermida do mesmo nome e o famoso carballo. O padre Alberto Cela foi o seu primeiro mestre no colexio dos xesuitas onde Sarmiento soportou as burlas polo seu xeito de falar e o seu acento galego.

A infancia e mocidade en Galicia rematan o 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marcha a Madrid para ingresar na Orden benedictina. Catro anos despois, en 1714, viaxa a Salamanca para estudiar Teoloxía, i é entón cando decide cambiar de nome e se matricula na Universidade como Frei Martín Sarmiento.

Logo dunha breve estancia en Asturias, e tras despedirse da súa nai en Pontevedra –desta viaxe de verán quedará constancia nos seus Parroquia onde foi  b autizado F. Martínescritos-, aséntase definitivamente na Vila e Corte. Unha estancia que só interrumpe algo máis dun ano (entre febreiro de 1726 e maio de 1727) para trasladarse a Toledo, ademáis das visitas que con certa frecuencia fai a Galicia.

Destes primeiros anos destacan: Demostración crítico-apologética del Theatro Crítico Universal (1732), Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (entre 1741 e 1745), e Reflexiones literarias para una Biblioteca Real (30 de decembro de 1743).

1751 é unha data a ter en conta na traxectoria escrita de Frei Martín Sarmiento, xa que é entón cando comeza a desenvolverse a súa vocación de naturalista e botanista que logo plasmará en estudios como Pensamientos Crítico-Botánicos (1753-1762) e outras numerosas pezas. Precisamente a instancias de Sarmiento créase o Real Xardín Botánico e desde 1743 reclama a creación de bibliotecas públicas e xardíns botánicos FM Sarmientoen diversas cidades e ó estilo dos que hai en Europa, así como a constitución da Academia da Agricultura e as dotacións de cátedras universitarias de Historia Natural, Agricultura e Botánica.

A influencia das súas visitas a Galicia da lugar a obras como Coloquio de 24 gallegos rústicos, onde narra algúns feitos con fidelidade histórica e propiedade filolóxica servindo de base para o comentario lingüístico das voces recollidas na súa terra; e xa en 1755 inicia o Catálogo de voces vulgares, y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, así como a segunda parte do FM SarmientoCatálogo de voces y frases de la lengua gallega. Estudios, todos eles, que son calificados como excelentes repertorios de materiais lingüísticos galegos dunha época na que era impensable aínda a elaboración dun Diccionario Gallego, aínda que éste fose un dos seus máis inconfesables e desexados anhelos.

Frei Martín Sarmiento, que faleceu en 1772, foi un home adiantado ó seu tempo e loitador pola súa terra familiar: en vez de FM Sarmientoadmirar, estudiar e louba-la lingua castelá céntrase na análise da lingua galega, a máis desprestixiada FM Sarmientoda nación naqueles tempos en que o centralismo afogaba as manifestacións populares localistas.

Ramón Mariño recolle as teses sobre a obra de temática galega do Pai Sarmiento, que na súa opinión xiran en torno ó problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria; o seu rexeitamento airado do castigo físico que sofrían algúns nenos por expresarse en galego na clase; a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar ós feligreses na lingua que lles era propia; e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introduci-lo galego na escola, nos xuzgados, nas igrexas e na administración.

 

Memoria de algunos nombres, verbos, expresiones y frases, etc. de la lengua gallega, xunto con Coloquio de 24 gallegos rústicos (obra da que o filólogo Henrique Monteagudo ven de atopa-lo manuscrito orixinal entre os fondos da Biblioteca Nacional), forman parte do seu legado a prol FM Sarmientodas Letras Galegas:

Fragmento de: Memoria de algunos nombres, verbos, expresiones y frases, etc., de la lengua gallega, que oí, estando en Galicia el verano de 1745, y con especialidad estando en la villa de Pontevedra

 

Abouxar.- Aturdir a otro voces o vocear mucho, v.g. no me abouxes, siempre está abouxando

Recesego.- Pan recesego es que está ya de dos o tres días; aplícase también a la carne, etc., y se aplica a más cosas por extensión: esto ya está recesego.

Esforricarse.- Espaturrarse, v.g.: esta pera se me esforricou. Su origen de forica latino que significa también en gallego irse de cámaras.

Bourar.- es golpear, v.g.: bourou en ellos, los golpeó, téngote de bourar las costas. Acaso de varear, pues lo común es con una vara.

 

Fragmento de: Coloquio de 24 Gallegos Rústicos

1 No chan que en Morrazo

FM Sarmiento

chaman os galegos

tamen San Cybran

que chega hasta o ceo,

2 que está no camiño

que vay ao Ribeyro

dendes Pontevedra

a vila do reyno,

 

3 a hum-ha legoiña,

camiño dereyto,

fay conta que sigues

o rumbo surlesto

 

4 se sube en relanzo

por todo o vieyro

sen muita fadiga

nem muito tormento.