VIDA | OBRA
Categoría: Galeguista, filósofo e activista político-cultural
Data de nacemento: 31 de Xullo de 1915 (Agosto de 1990)
Lugar de nacemento: Armeá - Láncara (Lugo)
CURRÍCULUM:
Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930. A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses. En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros. En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido. Logo incorporouse a filas. Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago. En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere. En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director. En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas". En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.