Galicia de terra dentro / Tamén se morre de morriña

Autor: 
Raúl Morales

Galicia de terra dentro

 

Galicia de Terra dentro

bagoas, devesas,

veigas e ribeiras

augua nos camiños

orballo nos fuciños

lume nas lareiras

amoriñas nas silveiras

lameiros de brancas froliñas

ceos cheos de estreliñas

hortos e carreiriños

cirdeiras e paxariños.

 

Galicia de terra dentro

leiros de frores vermellas

regos tortos murmuxadeiros

muiñeiras e muiñeiros

pendellos de palla amarella

leitos de follas feitos

ventos que desfan palleiros

camiños que levan pro extranxeiro.

 

Lonxe patria, atopada terra

Galicia de terra dentro

que dentro, dentro te teño.

 

Tamén se morre de morriña

 

Hay xente que morre de morriña

e xente que de morriña morréu

xente que sente morrer

de non ver vaquiñas pacer

e lameiros cheios de salgueiros

hortiñas, eiras, devesas e toxeiros

e ventos que xemen murmuradeiros

terra de gaiteiros e tamborileiros.

 

Cortello que me diches leito

nubrados ceos que foron meu teito

camiños de regatos tortos

beira do río revertendo os hortos

aira onde xogaba e mallaban

fontes onde as moziñas cantaban.

 

Fora chovía e ventaba o vento

dentro calábamos de estremecemento

de día me afrixen os pensamentos

de noite morro de desalento

 

Bérrame a xente estranxeiro

aforra que aforra o diñeiro

non te morras forasteiro

volve a Galicia pirmeiro.

 

A RICARDO FRANCO, EMIGRANTE GALLEGO QUE MURIÓ EN CAMBERRA SUSPIRANDO POR REGRESAR A GALICIA.