Historia da Lingua Galega

Autor: 
Xosé Antón Vicente Rodríguez

"Podemos traballar este texto nun escenario de xeito que cada alumno aprenda unha estrofa do mesmo e a receite. Os demáis repetirán á vez e en voz alta o último verso de cada estrofa (que se atopa en vermello), servindo de pé para que o seguinte neno/a se adiante para recita-la súa."

 Nota do autor

 

Donas e cabaleiros

neste día de festa

imos relatarlles logo

a historia do Galego:

¡A lingua do noso pobo!

 

Seiscentos anos antes de Cristo

chegan os Celtas á Terra

deixáronnos moitas palabras

a historia do Galego:

como Galicia ou Sarela.

 

Conquistan Galicia os romanos

no século I da nosa Era

non foi fácil, é certo

mortos houbo por ela.

 

Con algunhas palabras celtas

e o latín dos romanos

formouse o primeiro galego

para poder comunicarnos.

 

¡Non remata ahí o conto!

pois vándalos, suevos e visigodos

xa no século quinto

chegaron con malos modos.

 

Ata os árabes do sur

que nestas terras din que andaron

deixaron moitas palabras

que hoxe en día conservamos.

 

Entre os séculos oito e doce

xa se falaba galego

aínda que non o facía

o notario e o crego.

 

Dos séculos doce ó quince

o galego foi lingua de moda

non só de notarios e xuíces

senón tamén poética e relixiosa.

 

(BAIXA A MÚSICA)

 

Pero por razóns políticas

os nobres de esta terra

non substituídos por outros

que veñen dende Castela.

 

Nin os cregos nin a Igrexa

botaron tampouco unha man

e fixeron misas e rezos

todos eles en castelán.

 

(SEN MÚSICA, CON VOZ TRISTEIRA)

 

A tristura foi moita.

A situación era moi mala.

A nosa lingua: o galego

só se falaba na casa.

 

Foron case tres séculos

que algún chamou "escuros"

onde a lingua estivo presa

encerrada en catro muros.

 

(A MÚSICA COMEZA A SOAR,

PERO AÍNDA BAIXIÑO)

 

Vive o Padre Sarmiento

no século dezaoito

que traballa duro e forte

e o problema mellora moito.

 

En mil oitocentos oito

para avisar ós labregos

da "Invasión Francesa"

poñen bandos en galego.

 

Un científico tras outro

no século dezanove

preocúpanse por Galicia

polo moito que lles doe.

 

(MÚSICA ALTA, PERO QUE

PERMITA ESCOITAR)

 

Un 17 de maio

unha muller de Padrón

publica "Cantares Gallegos"

¡O "Rexurdimento" comezou!

 

Cen anos despois

decidiron elixi-lo día

para festexa-la lingua

e sobre todo a Rosalía.

 

E xa neste ano que estamos

capicúa e ventureiro

disfrutemos das Nosas Letras

con Frei Martín Sarmiento.