Antón Losada Diéguez naceu en 1884 en Boborás-Ourense, e finou en Pontevedra no ano 1929. De familia emparentada coa nobreza galega era -segundo Otero Pedrayo- moi relixioso, tradicional, culto, carlista, e cun gusto especial polas cousas da Idade Media.
Estudiou en Deusto. Doutor en Filosofía e Licenciado en Dereito, gañou a cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do Instituto Xeral e Técnico de Canarias, de onde pasou a Toledo, Ourense e Pontevedra.
Losada foi quen conseguíu a Risco e Otero Pedrayo para o galeguismo, e quen impulsou a idea galeguista, anque ó remate da súa breve existencia estivo dedicado exclusivamente ós temas docentes e culturais. En relación coa súa intensa actividade política e cultural publicou moi pouco: Poesía, ensaios filosóficos e literarios, contos e un ensaio drámático, na revista NÓS e en ALBORADA. Foi moi respetado e tivo moita influencia nos homes da Xeración Nós.
Pertenceu ás Irmandades da Fala. E, dado o seu altísimo prestixio, foi quen presidiu a Asamblea Nacionalista de 1918 en Lugo.
Nós, Nº 71 (frag.)
Probos rosas, saundosas
esperando amañecer;
loumiñadas, degaradas
por medrar i arrencender.
Tristes rosas amorosas,
todo chega, i o fin chega
cando a póla se dobrega
e nan vos pode soster.
Craros soños, frolecidos
cobizando un ideal;
aniñados, enchoiados
nunha roseira lanzal.
Tristes soños noitecidos,
todo chega i o fin chega
se dos soños soilo queda
o imposibre no rosal.