Antonio Fraguas y Fraguas

Homenaxeado/a Ano 2019


Categoría: Historiador, antropólogo, etnógrafo, xeógrafo, bibliotecario.

Data de Nacemento: 28 de decembro de 1905.

Data de Falecemento: † 5 de novembro de 1999.

Lugar de Nacemento: Loureiro de Cotobade (Pontevedra).

 

Currículum

Estudiou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciouse en 1928 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago. Un ano despois obtén o doutoramento cunha tese titulada El Colegio de Fonseca. En 1928 ingresou no Seminario de Estudios Galegos, onde realizou tarefas de investigación nas seccións de Xeografía e Etnografía. Tamén colaborou no Instituto de Estudios Galegos 'Padre Sarmiento' como Secretario e Bibliotecario. Afiliouse ó Partido Galeguista e co inicio da Guerra Civil sepárano da súa cátedra en 1936, dedicándose ó ensino privado ata 1950. Neste ano conseguiu outra cátedra de Instituto e foise a Lugo. En 1951 foi elixido membro da Real Academia Galega. En 1959 regresa a Santiago exercendo como profesor no Instituto 'Rosalía de Castro'. En 1976 creouse o Museo do Pobo Galego e foi designado presidente. En 1992 a Xunta de Galicia nomeouno Cronista Xeral de Galicia.

 

Obras realizadas

A producción bibliográfica de Antonio Fraguas é extensísima (libros, folletos, artigos, conferencias...). Dela citaremos só algunhas obras como Xeografía de Galicia (Santiago, 1953), Galicia insólita (A Coruña, 1973), La Condesa de Pardo Bazán y el folklore (separata de 'Revista del Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses', 1974-1975), La Sociedad de 'Amigos del Arte' de Santiago de Compostela. Apuntes para su historia (A Coruña, 1976), Literatura popular en torno al casamiento, embarazo y parto (Madrid, 1976), Geografía de un lugar (Santiago, 1978), Murguía. O patriarca (A Coruña, 1979), O Entroido nas terras do Sul de Cotobade (Nós, 1930), O culto ós mortos (Nós, 1932), As lendas da fonte Pormás (Nós, 1932), El edificio del Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (Santiago, 1947), etc... Da súa colaboración con outras personalidades da cultura galega destacan obras como Los castros de la Tierra de Saviñao (Zaragoza, 1953) con Florentino Cuevillas, Catálogo de la Exposición del Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (1965) con José Filgueira Valverde, etc... Tamén publicou numerosos artigos históricos e bibliográficos entre os que destacan Unha serán na Catedral (publicado en A Nosa Terra en 1929), Temas Literarios. La danza popular (publicado en El Progreso en 1951), Literatura Gallega (El Progreso, 1951), Libros y autores gallegos (El Progreso, 1952), Realidad y leyenda de la montaña lucense (El Pueblo Gallego en 1952), El Botafumeiro de la Catedral de Santiago (El Progreso, 1954), El Corpus en la Campiña (El Ideal Gallego en 1959), De Bayona a Tuy por la Guardia (Vida Gallega en 1959), Fiestas pontevedresas (Vida Gallega en 1959), El litoral lucense (Vida Gallega en 1960), Normas del clima en Compostela (La Voz de Galicia en 1960), La presencia de la concha motivo jacobeo (La Voz de Galicia en 1965), El mapa geológico de Galicia (El Correo Gallego en 1975), Los Fueros Municipales de Santiago (El Correo Gallego en 1975), En el Hogar de Rosalía (El Correo Gallego en 1975), Lembranza de un etnógrafo (El Correo Gallego en 1976) e moitísimos máis.

 

Outros datos de interese

Doou ó Museo do Pobo Galego a súa biblioteca duns 20.000 volumes.

Recibiu varios honores como La insignia de oro del Museo do Pobo Galego, la Medalla Castelao, etc...