Antonio Noriega Varela

Homenaxeado Ano 1969


Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo en 1869 e morreu en Chavín de Viveiro en 1947. Formado no Seminario de Mondoñedo, como tantos outros poetas lucenses, foi amigo de Leiras Pulpeiro co que coincidía poeticamente.

Noriega, que representa o vínculo da poesía do século XIX coa do XX, foi o poeta da montaña de Lugo, e MONTAÑESAS é o título do seu primeiro libro publicado en 1904. Foi o poeta sinxelo das cousas humildes e da natureza.

Exerceu como mestre de escola en Foz, onde coñeceu a Antón Vilar Ponte. De alí foi trasladado a Calvos de Randín na montaña de Ourense, como represalia polos seus artigos xornalisticos anticaciquís. Mestre logo en Trasalba, trabou fonda amistade con Otero Pedrayo, quen o poñería en contacto coa literatura portuguesa. Esta etapa supón a súa maduración poética.

Finalmente, conseguíu o traslado á escola de Vilarente e, xa xubilado, vivíu en Viveiro.

Cómpre suliñar na súa obra o conxunto de ditos populares publicado pola Editorial Nós, co título de COMO FALAN OS BRAÑEGOS, e -especialmente- D'O ERMO, do que a primeira edición en 1920 foi publicada por Losada, Risco e Noguerol.

 

D´O ERMO (frag.)

iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos!

Eu venero as froliñas d'os toxos.

D'os toxales as ténues froliñas,

que sorríen, a medo, entr'espiñas.

Entr'espiñas que o Ceyo agasalla

con diamante-las noites qu'orballa.

¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro!

as froliñas d'os toxos son d'ouro.

D'ouro vello son, mai, as froliñas

d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!...

D'O ERMO