Armando Cotarelo Valledor

Homenaxeado/a Ano 1984


Armando Cotarelo Valledor naceu na Veiga no ano 1879, e morreu en Madrid no 1956. Estudiou Filosofía e Letras en Madrid. No ano 1904 foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas en Santiago. Foi membro da Real Academia Española en representación da Academia Galega.

Non era, certamente, pola súa orixe, alleo a Galicia e ó galego. A Veiga de Ribadeo está, anque administrativamente en terras de Asturias, na zona de influencia de Galicia e do seu idioma.

Cotarelo traballou amplamente sobre a literatura española e galega, pero a súa maior contribución á literatura galega, está nas súas obras de teatro: TREBÓN, SINXEBRA, LUBICÁN, HOSTIA, BEIRAMAR e MOURENZA -de temas mariñeiros, campesiños, señoriais e históricos-, son o agromar dun teatro galego, e que no mesmo ano de seren escritas foron xa representadas.

Ademais de hábil dramaturgo, cultivou tamén a narrativa e publicou unha colección de contos populares co título de CONTOS DE NADAL.

Cotarelo pon en boca de Prisciliano estas palabras:

 

HOSTIA (frag.)

“¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a serán deitaba tranquil coma un misteiro frolido. Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego. Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal bestas montesías, chamamos onde vós. E aquela porta, a porta de túa nai, a úneca para nós aberta, foi para min a porta dos ceos. No atrio estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de pombas como Vénus, belida como Flora, graciosa como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible como o amor. Teur ollos feiticeiros miraron garimosos o estrano pelerino de quen todos fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda gracias, sempre gracias!