Eduardo Pondal

Homenaxeado/a Ano 1965


No ano 1835 naceu en Ponteceso (A Coruña) un dos máximos representantes do Rexurdimento das Letras Galegas, e quizáis o máis orixinal da Literatura galega do XIX, Eduardo Pondal,que morrería na Coruña en 1917.

Desde os seus primeiros estudios na casa natal, "á beira do rio Anllóns", e "mirándose nas súas augas", tomou conciencia do pasado de Galicia. O estudio en Santiago, pero sobre todo a revolución de Solís e os fusilamentos de Carral, forxaron o Pondal cantor da raza, bardo dos tempos idos pero tamén poeta dos tempos gloriosos por vir.

Médico da sanidade militar, abandonouesta profesión retirándose á súa casa de Ponteceso para dedicarse exclusivamente á poesía, da que é mostra principal QUEIXUMES DOS PINOS.

No banquete de Conxo, leu un poema que lle valeu un proceso na Audiencia da Coruña, pero neste banquete tamén é onde nace verdadeiramente o Pondal grande poeta da raza, o grande poeta nacional de Galicia. Deixou sen rematar e inédito o poema épico "Os Eoas".

 

HIMNO GALEGO

¿Qué din os rumorosos

na costa verdecente,

ó raio transparente

do plácido luar?

¿Qué din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

-"Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confín dos verdes castros

e valeroso chan

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

esperta do teu sono,

Fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden,

e con arroubo atenden

O noso rouco son,

mais só os ignorantes,

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

Os tempos son chegados

dos bardos das idades,

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán;

pois onde quer xigante

a nosa voz pregoa

a redención da boa

nación de Breogán.


QUEIXUMES DOS PINOS