Gonzalo López Abente naceu en Muxía no ano 1878, e alí morreu en 1963. Estudiou bacharelato en Santiago, e Dereito na Universidade compostelá.
Membro das Irmandades da Fala desde a súa constitución, presidíu a de Muxía. Formou parte do Seminario de Estudios Galegos, e cultivou o xornalismo, a narrativa, oteatro e a poesía.
Como poeta, as súas primeiras obras,con certos elementos modernistas, son de temática amorosa e de loita, pero evolucionan cara a unha linguaxe máis sinxela e máis intimista... Paisaxes do mar e da terra -rías, costas, vales, montañas...- son recorrentes nesta poesía.
Viúvo ó ano de casar, e despois de viaxar por varios paises de Europa, afincouse en Muxía, onde permanecería xa o resto da súa vida. As súas máis coñecidas obras en narrativa son O DIPUTADO POR VEIRAMAR, FUXIDOS, VAOSILVEIRO; en teatro MARIA ROSA; e en poesía, ESCUMA DA RIVEIRA, ALENTO DA RAZA, D'OUTONO, NEMANCOS e CENTILEOS NAS ONDAS.
CENTILEOS NAS ONDAS (frag.)
Lostregueante choviscar de estrelas
No escuro seo dunha noite en calma;
Labarada de auceiros e de arelas
A arder na seca gándara da ialma.
Anceios meus de lles ronbare aos mares
Rondas de escuma, pérolas nacradas,
Rebrilos de ronseles estelares
Nos albos colos das mariñas fadas.
Ladrón, a vixiar nas penedías,
Nas pardas lombas dos adustos cabos,
No fervente balbor das ardentías,
Nas mouras furnas nos rochedos bravos.
No brancore dos seixos dos coídos,
No morno abrigo das arnelas fondas...
Só puiden apañar estes louridos
Centileos nas ondas.
CENTILEOS NAS ONDAS