Luis Pimentel

Homenaxeado/a Ano 1990


Luís Benigno Vázquez Fernández, coñecido como Luís Pimentel, naceu en Lugo no ano 1895, e morreu nesta cidade en 1958.

Estudiou Medicina en Santiago de Compostela e Madrid, exercendo logo de médico en Lugo ata a súa morte.

En principio atraído pola pintura e pola música, afeccións que sempre mantivo, a poesía foi o seu refuxio e a súa expresión. Sen esquecer outras actividades culturais, como as desenvoltas no Círculo das Artes de Lugo, e mesmo as tertulias e xuntanzas cos máis sobranceiros personaxes da Galicia do seu tempo.

Foi un poeta practicamente póstumo, porque os seus libros foron case todos publicados despois da súa morte... Colaborou na re-vista RONSEL, e preparou durante moito tempo o seu libro BARCO SlN LUCES, pero non chegaría a velo publicado.

En 1950, en vida do autor, con prólogo de Fole, editouse TRISCOS.

Despois da súa morte, SOMBRA DO AIRE NA HERBA no 59, e BARCO SIN LUCES no 60; logo víria OBRA INEDITA O NO RECOPILADA, de Araceli Herrero; a ANTOLOXÍA, publicada por González Garcés; POESiA ENTEIRA, publicada no 81; e a edición do poemario CUNETAS.

Pimentel escribíu dos nenos, de Lugo, de Galicia, da propia poesía... Esta, desprende humanitarismo, conciencia galega, sensibilidade... Pimentel é o poeta dos nenos, das cunetas, dos silencios, dos solpores...

 

SOLPORES DA MIÑA VILA

Solpores da miña vila,

longos, case eternos.

(Os anos pasan rápidos;

os días, lentos).

a luz esbara polo meu piano lustroso

¿Qué música lle poñeremos?

As maos, soñan.

Solpor de prata

sobor do ébano.

Penso nos poetas mortos.

Calma, calma...

 

Tarde inmóvil, eterna.

Quédase dulcemente

¿en que soedade, lonxe?

Ceo, ceo, máis ben luz.

Equilibrio diste gris

tan tenro.

No, non hai paisaxe

nin carne nin sangue.

 

Solpores da miña vila,

longos, lentos, música.

As maos, soñan.

SOMBRA DO AIRE NA TERRA