Manuel Leiras Pulpeiro

Homenaxeado/a Ano 1983


Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo no ano 1854, e morreu nesta cidade en 1912. Estudiou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun grandísimo recoñecemento popular.

Republicano, foi Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal, e profundamente anticlerical, o seu talante creoulle numerosas dificultades nunha cidade bispal como Mondoñedo, pero sempre conseguiu mante las súas conviccións con total firmeza.

Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material por el recollido.

Escribiu un só libro -CANTARES GALLEGOS- con cántigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlérical, e onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela.

Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura, nunha grande manifestación popular, no cemiterio civil de Mondoñedo.

Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en OBRAS COMPLETAS as composicións que deixara inéditas.

 

OBRAS COMPLETAS. POESÍAS (frag.)

¿Por qué o ceo máis limpo ao galego

lle párce afumado?

¿Por qué a terra frolida que manda

lle cheira a escamallo?

¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte,

pra el ten sempre tasto?

¿Por qué sinte que a sangue sorenta

figura aburalo?

¿Por qué trema, dormente, e dacondo

somella ter rautos?

Porque está cos comenzos da febre

que aos probos deixados

fai perder a cabeza, i erguila,

dar fungueirazos,

cando pintan que poden gandilos

os corvos que, a bandos,

nunca faltan onde eles, famentos

seu coiro buscando…

¡Ogallá que nin un se lles lisque,

nin gordo, nin fraco!...