Valentín Lamas Carvajal

Homenaxeado/a Ano 1972


Valentin Lamas Carvajal naceu en Ourense no ano 1849, e morreu nesta cidade en 1906.

Moi novo quedou orfo de pai. Os primeiros estudios cursounos en Ourense. Tamén o bacharelato. Acudíu a Santiago para cursar Medicina na Uníversidade. Quizais foi entón cando empezaron os síntomas da enfermidade que acabaría por deixalo cego.

Comezou a escribir en galego no 1874. E coñecido polo seu labor xornalístico, poético e narrativo. Como xornalista colabora no semanario EL HERALDO GALLEGO, do que tamén seria director e propietario, pero acadaría popularidade con O TIO MARCOS DA PORTELA, publicación integramente en galego -a primeira que houbo en Galicia- que aparecía dúas veces ó mes.

Escribíu dúas obras en prosa: GALLEGADA e O CATECISMO DO LABREGO (narración de linguaxe popular, que foi a máis coñecida da súa obra). E da súa poesía en galego as obras máis coñecidas son SAUDADES GALLEGAS, A MUSA DAS ALDEAS e -a máis representativa- ESPINAS, FOLLAS E FRORES.

 

A ALDEA (frag.)

No medio dun souto, ao pé dunha serra,

na cume dun monte, no fondo dun val,

coas chouzas de seixos telladas de colmo,

están as aldeas, o mundo rural.

. . .

Alí como os corpos, o espritu esmorece,

sin outros alentos que a superstición;

os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas,

seus dioses penates, seus númenes son.

Fanáticos, chámanlle á cencia herexía

ao xenio loucura, grandeza ao poder,

valor á osadía, ao medo pacencia,

á usura comercio, vergonza ao non ter.

. . .

Alí, os caciques engordan e chegan

a ricos sin teren nin rentas nin bés,

namentras o triste maestro de escola,

un ánema en pena de fraco parés.

. . .

Alí non pensedes hachar agarimo

si apóstoles sodes de algún ideal,

a inmovre rutina secóu os celebros,

i a cega iñorancia xunguíunos ao mal.

. . .

¡Ai míseros, probes, coitados labregos

que están nas aldeas rabeando de bós...

escravos que levan o nome de libres,

que viven no inferno rezándolle a Dios!

A ALDEA