Xoán Manuel Pintos Villar naceu en Pontevedra o 1811, e morreu en Vigo en 1876. Estudiou Humanidades na Coruña, e Leis na Uníversidade de Santiago.
Exerceu a avogacía en Pontevedra, e tamén o ensino. Foi, durante un tempo, xuíz en Cambados, fiscal en Pontevedra e logo Rexistrador da Propiedade en Vigo. Poesía, música e pintura foron as súas querencias.
Amosou un especial interese polo idioma e por Galicia. Crese que empezou a escribir no ano 1844. A súa obra máis coñecida é A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO, primeiro libro da literatura galega contemporánea, que vén ser un manual de iniciación ó idioma galego e apoloxía de Galicia.Tamén escribiu un breve diccionario galego e numerosas composicións en follas soltas e xornais.
Este autor pode ser considerado o primeiro dos precursores do Rexurdimento galego, polo labor que realizou en favor da lingua galega da que era un grande coñecedor.
A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO (frag.)
Ou Galicia, Galicia boi de palla
canta lástima ten de tí o Gaiteiro!
O aguillón que che meten é de aceiro
e con él muita forza te asoballa.
No lombo teu zorrega, bate e malla
fasta o máis nomicreque ferrancheiro
e calesquer podenco forasteiro
te vafa de vergonza sin migalla!
Agarima alleeira eses ingratos
ou víboras que postas ao teu peito
co ferrete che rompen mil buratos!
Si o sangre teu refugas do teu leito
malas novas madrasta de insensatos
dos fillos teus ao amor nan tés direito.