Xoan Vicente Viqueira Cortón

Homenaxeado/a Ano 1974


Xoán Vicente Viqueira Cortón naceu en Madrid en 1886, e morreu en Bergondo (A Coruña), en 1924. Vivíu na Coruña, as Mariñas de Betanzos, e con estadías máis ou menos longas en Madrid, París e Alemaña.

Estudiou na "lnstitución Libre de Enseñanza" de Madrid' onde chegaría a dar clases. Licenciouse primeiro, e doutorouse despois en Filosofía pola Uníversidade de Madrid.

En 1917 foi nomeado por oposición Catedrático de filosofía do Instituto de Santiago, para pasar case inmediatamente ó da Coruña.

Tiña fondos coñecementos musicais; tocaba violín e piano, e compuxo música para temas seus e de Rosalía de Castro. Postumamente, en 1930, foi publicado o libro ENSAYOS Y POESIAS, con diversas prosas e versos en galego, estes últimos de temáticaamorosa e paisaxística. Foi un dos precursores do neotrobadorismo galego. Pertenceu ás Irmandades da Fala da Coruña desde a súa constitución.

 

DA GÁNDARA ERMA E TRISTE

¿Da gándara erma e triste,

piñeiro bravo,

non ouces do mar o mar molto

tan solitario?


¿Non sintes te chamar á vida

pra un vivir sempre máis alto?

Piñeiro antigo,

vello e engruñado,

ergue as sempre verdecentes ponlas

que ao vento traman cal tramaron

as daqués que, rexos e amorosos,

aquí cantaron.


Eu son como un carballo solitario,

rexo e podente,

que ten reminiscencias milenarias,

alta a cabeleira verdecente.

E cando cheguen os ventos da invernía

ou as brisas do vran,

as cordas da miña arpa cal as ponlas,

á vida cantarán.

ENSAYOS Y POESÍAS