Bibliografía

Frei Martín Sarmiento - 2002


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE F.M. SARMIENTO | PARA ACHEGÁRMONOS A F.M.S.

 “BIBLIOGRAFÍA”


Ata 1972 dispoñemos dunha GUIA BIBLIOGRÁFICA PARA EL ESTUDIO DE FRAY MARTÍN SARMIENTO, e a ela recorremos para os traballos anteriores a esa data; foi publicada en C.E.G. XXVII, 1972, volume dedicado á conmemoración do segundo centenario da súa morte.

 

A partir desa data publicamos: CATÁLOGO DE VOCES Y FRASES DE LA LENGUA GALLEGA, Salamanca, 1973, precedido dun estudio preliminar de natureza lingüística; SOBRE LA VIDA DE SAN IDELFONSO Y OTRAS NOTICIAS LITERARIAS DIECIOCHESCAS, en “Estudia Hispánica en Honorem R. Lapesa”, II – Madrid, 1974, sobre aportacións literarias e filolóxicas de Sarmiento; edición e estudio SOBRE EL ORIGEN DE LA LENGUA GALLEGA, en “Opúsculos lingüísticos gallegos del siglo XVIII”, Vigo, 1974; LEXICOGRAFÍA DIECIOCHESCA ESPAÑOLA: LAS ENCUESTAS GALLEGAS DE FR. MARTÍN SARMIENTO, en “Actes du XIIIème Congrès International de Lingüístique et Philologie romanes”, I, Quebec, 1975; FEIJOO E SARMIENTO. DÚAS VIDAS SIN PARALELO, “Grial”, núm. 6, Vigo, 1968; CONTRIBUCIÓN AL ESTUDIO DEL LEXICO ASTURIANO DIECIOCHESCO, en “Estudios ofrecidos a Emilio Alarcos Llorach”, II, Oviedo, 1978 (estudio de voces asturianas recollidas por Sarmiento).

 

Inauguramos unha colección de ESCRITOS MENORES DE FRAY MARTÍN SARMIENTO: I “MOSTAJO”, EN CASTILLA; EN LEÓN, ASTURIAS Y BIERZO “MOSTAYO”, EN LIEBANA “MOSTAZO”, en C.E.G., XXXIII, 1983, á cal seguen outros textos; CATÁLOGO DE VOCES VULGARES Y EN ESPECIAL DE VOCES GALLEGAS DE DIFERENTES VEGETABLES (Salamanca, 1986), tomo III das obras lingüísticas de Sarmiento. Tamén temos principiado unha colección de textos autógrafos comenzando polo derradeiro LA EDUCACIÓN DE LA JUVENTUD, Salamanca, 1984, ó que seguiron NOTICIA DE LA VERDADERA PATRIA (ALCALA) DE EL MIGUEL DE CERVANTES, DE FRAY MARTÍN SARMIENTO (Xunta de Galicia, 1987); DE LOS ATUNES Y DE SUS TRANSMIGRACIONES y SOBRE EL MODO DE ALIVIAR LA MISERIA DE LOS PUEBLOS (Uni. de Salamanca. Área de Filología Románica. 1992), ESCRITOS SOBRE “EL MECO” Y LA “CRUZ DE FERRO” (Univ. de Salamanca, 1992), etc.

 Sería difícil facermos unha lista exhaustiva doutros traballos acerca de Sarmiento despois da data citada, mais salientaremos:

 X.F. Ogando Vázquez, TRES FITOS SENLLEIROS NA HISTORIOGRAFÍA DA LINGUA: 1768, 1868 E 1968, Ourense, 1980. (Discurso de ingreso na Real Academia Galega).

 

J. Filgueira Valverde, IDEAS Y SISTEMA DE LA HISTORIA EN FRAY MARTÍN SARMIENTO, Madrid, 1981. (Discurso de ingreso na Real Academia de la Historia).

 

BIBLIOGRAFÍA DEL SIGLO XVIII (Aguilar Piñal). Tomo VIII.