Cronoloxía

Xesús Lorenzo Varela - 2005


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE XESÚS LORENZO VARELA

 

* 1916.-  Nace o 10 de agosto en La Habana, según consta na partida de nacemento. Lorenzo Varela chega ó mundo a bordo dun barco de vapor preto de Cuba onde se dirixían seus pais como emigrantes: José Ramón Varela García e Perpetua Vázquez Ojea, naturais de Monterroso (Lugo).

- Ós tres meses regresa a Galicia pasando a súa infancia na localidade lucense de Monterroso.

* 1923.- Lorenzo Varela regresa a carón de seus pais xa trasladados de Cuba a Arxentina, onde residen en Buenos Aires, no barrio obreiro de Nueva Pompeya.

* 1931.- De novo volta a Galicia instalándose no barrio lucense de Recatelo para estudiar o bacharelato.

* 1933.- Participa na fundación de Mocidades Galeguistas, logo de entrar en contacto con Ramón Piñeiro e Ánxel Fole, e tras escoitar a Otero Pedrayo ou Castelao.

* 1934.- Viaxa a Madrid tras rematar o bacharelato.

* 1935.- Se integra na vida cultural madrileña asistindo a tertulias como as dos cafés La Granja del Henar e Pombo. Entra en contacto con pablo Neruda, Valle Inclán, García Lorca, Ramón Gómez de la Serna, etc. Neste ano publica o primeiro artigo na revista PAN.

* 1936.- Colabora no xornal El Sol realizando crítica literaria.

- Participa nas Misións Pedagóxicas levando a cultura por España con escritores e intelectuais como Rafael Dieste.

* 1936-39.- Combate na Guerra Civil española no bando republicano e colabora en varias revistas como El Mono Azul, Hora de España, Ahora… Tamén participa na organización do Congreso Internacional de Escritores Antifascistas en Valencia.

* 1939.- Rematada a guerra, fuxe a Francia quedando internado nun campo de concentración en Saint-Cyprien. De alí, e grazas a varios contactos, logra trasladarse ó seu primeiro país no exilio: México.

* 1939-41.- Xa en México colabora en revistas como Taller, Romance, Revista Popular Hispanoamericana…

* 1940.- Publica o seu primeiro poemario individual: Elegías españolas.

* 1941.- Segunda etapa no exilio regresando a Buenos Aires onde xa vivira de neno. Intégrase no grupo de intelectuais galegos e arxentinos que facían tertulia no café Tortoni onde retoma o contacto con Rafael Dieste e entabla amizade con Luis Seoane.

* 1942.- Publica tamén en castelán Torres de Amor con limiar de Rafael Dieste e ilustracións de Seoane. Mantén as colaboracións en diversas publicacións como De mar a mar.

* 1943.- Funda a revista Correo Literario con Luis Seoane

* 1944.- Publica o seu primeiro poemario en galego: Catro poemas para catro grabados no mesmo ano en que se produce o falecemento da súa nai.

* 1946.- Funda, tamén con Luis Seoane, a revista Cabalgata.

* 1947.- Trasládase unha temporada a Montevideo para vivir unha historia de amor con Estela Canto, da que estaba namorado Jorge Luis Borges.

* 1951.- Nova edición de Catro poemas para catro grabados, musicados por Julián Bautista e en edición bilingüe galego-inglés.

* 1952.- Regresa a Arxentina dando por rematada a súa relación con Estela Canto.

* 1954.- Coñece á que será a súa dona: Marika Gestein, e publica Lonxe con cuberta e ilustracións de Luis Seoane.

* 1960.- Casa con Marika Gestein Fai unha pequena incursión en Galicia pero regresa pronto a Buenos Aires.

* 1961.- Publica un poema in memoriam de Aquilio Inglesia Alvariño.

* 1963.- Adícalle un extenso poema a Picasso no oitenta aniversario do artista.

* 1966.- Publica o poema Emigración no volume Galicia Hoy de Ruedo Ibérico, e tamén Seoane o el arte sometido a la libertad.

* 1967.- Pronuncia o discruso central do Día de Galicia no Teatro Castelao do Centro Galego en Buenos Aires.

* 1969.- Publica o poema Castelao, no libro Castelao na voz dos poetas de Edicións do Castro.

* 1970.- Publica o poema Cantiga nova que se chama cadea, adicado ó entón encarcelado Xosé Luis Méndez Ferrín, no único número da publicación editada por Luis Seoane Cuco-Rei.

* 1971.- Publica Dalí, monografía sobre o pintor.

* 1976.- Regresao 14 de marzo a España despois de 37 anos de exilio. Vive entre Galicia e Madrid ata que chega a súa dona e se instalan na capital de España.

* 1978.- Escribe un pesimista poema adicado a Valentín Paz Andrade. Está próximo o seu falecemento o 25 de novembro deste ano, sendo soterrado no cemiterio da Almudena.

* 1979.- Edítanse, a xeito de homenaxe póstuma, os libros Poesía e Homenaxes.

* 1981.- O seu corpo é trasladado desde o cemiterio da Almudena ata o panteón familiar de Fufín, en Monterroso (Lugo), onde xa estaban soterrados seus avós e a súa nai. Isaac Díaz Pardo realiza unha inscrición: “Aquí xaz Lorenzo Varela, presente na lembranza do seu pobo”.