Obra

Frei Martín Sarmiento - 2002


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE F.M. SARMIENTO | PARA ACHEGÁRMONOS A F.M.S.

 

FM Sarmiento

En 1995 conmemorouse o terceiro centenario do nacemento de Frei Martín Sarmiento (en realidade, Pedro José García Balboa), considerado como o principal precursor dos estudios filolóxicos da lingua galega.

Sentíndose galego, a pesar do seu nacemento circunstancial en Vilafranca do Bierzo, Sarmiento recurre ás lembranzas da súa nenez e máis ás súas esporádicas viaxes posteriores a Galicia para “desintoxicarse” do ambiente que o rodeaba na Vila e Corte onde escribe numerosas obras de diversa temática, aínda que só vería unha publicada en vida: Demostración crítico-apologética del “Teatro Crítico Universal” , no ano 1732.

FM Sarmiento

Dúas facetas podemos destacar no conxunto da obra de Frei Martín Sarmiento:

 

        _ Obras FM Sarmientopor encarga.- delas derívanse numerosos estudios, algúns deles de gran trascendencia na época como as Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (a petición do cardenal Valenti Gonzaga), as Reflexiones literarias para una Biblioteca Real (por suxerencia de Juan de Iriarte) ou o Dictamen sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (por encarga do propio monarca, Felipe V).

       _ Obras vocacionais.- Dúas grandes paixóns acompañan -e se mesturan- na obra literaria de Sarmiento, e ambas están relacionadas con Galicia, súa terra natal: a natureza (de ahí os numerosos escritos sobre botánica como Pregunta: si nacen en Galicia, en qué sitios y en qué cantidad, de qué calidad los vegetables kali, sosa y barrilla, etc.), e a etimoloxía (froito dos seus estudios é Coloquio de 24 gallegos rústicos e o Catálogo de voces e frases de la lengua gallega, entre outras).

                                                          FM Sarmiento

Esta é unha relación das máis importantes obras escritas por Frei Martín Sarmiento (excluindo os 14 índices dos correspondentes tomos das obras de Feijoo dos que Sarmiento sempre foi responsable da súa edición):

 

* Romanzón a la caída de la torre de la catedral de Oviedo (13-XII-1723).

* Escritos crítico-burlescos contra la Compañía de Minas de Guadalcanal (decembro, 1725).

* Martinus contra Martinum (Toledo, 28-XII-1726) e Papel Satírico contra Carlos de Montoya y Unzueta (mércores de cinsa, 1731). Estas dúas obras en defensa do Teatro Crítico.

* Conjeturas para establecer algunas etimologías de diferentes voces, que se usan en España (principiadas en 1730 e continuadas, moi irregularmente, ó longo da súa vida).

* Demostración crítico-apologética del Teatro Crítico Universal (1732) Esta é a única obra publicada en vida de Frei Martín Sarmiento, e que tivo dúas redaccións.

* Romanzón a la caída de la torre de la catedral de Oviedo (13-XII-1723).

* Escritos crítico-burlescos contra la Compañía de Minas de Guadalcanal (decembro, 1725).

* Martinus contra Martinum (Toledo, 28-XII-1726) e Papel Satírico contra Carlos de Montoya y

* Unzueta (mércores de cinsa, 1731). Estas dúas obras en defensa do Teatro Crítico.

* Conjeturas para establecer algunas etimologías de diferentes voces, que se usan en España (principiadas en 1730 e continuadas, moi irregularmente, ó longo da súa vida).

* Plano para formar una descripción general de América (1741)

* Memorias para la Hª de la poesía y poetas españoles (entre 1741 e 1745, e a petición do cardenal Valenti Gonzaga).

* Dictame sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (14-VI-1743, por orde do rei Felipe V).

* Reflexiones literarias para una Biblioteca Real (30-XII-1743, por suxerencia de Juan de Iriarte).

* Sobre el ocho por ciento (1743).

* Capítulo General de Valladolid (do 12 ó 23-V-1745).

* Coloquio de Perico e Marica. Coplas ou Coloquio de 24 gallegos rústicos (o filólogo e secretario do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, ven de anuncia-la localización na Biblioteca Nacional do manuscrito -puño e letra do propio Sarmiento- desta obra que se daba por perdido, e que só se coñecía ata o de agora por edicións a partir da copia manuscrita do Arquivo de Medina Sidonia).

* Comento ou Glosario (13 primeiras coplas, en 1747).

* Novo dictame sobre o Sistema de adornos de escultura, interiores y exteriores para el nuevo Real Palacio de Madrid (redactado entre o 29-VI-1747 e o 30-VIII-1748, por encargo do fillo do rei Felipe V, Fernando VI).

* Catálogo de libros selectos (en 1748, para o marqués de Aranda).

* Índice individual (1750, da súa biblioteca particular).

* Sobre el sistema de hacer una descripción general de toda España (1751).

* Plano de un nuevo y fácil método para formar una general descripción geográfica de España (1751 e a petición, probablemente, do marqués da Ensenada).

* Sobre el animal zebra (1752, para o conde de Maceda).

* Sobre el archivo de Samos y archiveros (1752).

* Sobre el archivo de Celanova (1752, a petición da Orde benedictina á que pertence Frei Martín Sarmiento).

* Comento ou Glosario (da copla 14 á 30, entre 1751-1753).

* Pensamentos crítico-botánicos (1753-1762).

* Catálogo de voces vulgares e en especial de voces gallegas de diferentes vegetables (o inicia durante a súa estadía en Galicia, entre o 5-V-1754 e o 27-XI-1755, en que volta a Madrid).

* Catálogo de voces e frases de la lengua gallega (o inicia durante a súa estadía en Galicia, entre o 5-V-1754 e o 27-XI-1755, en que volta a Madrid. É a segunda parte, pois a primeira contén os materiais achegados na súa primeira viaxe a Galicia en 1745).

* Sobre el origen de la lengua gallega y sobre la paleografía española (carta ó padre Terreros escrita en Pontevedra o 17-I-1755).

* Onomástico latín-gallego de los vegetables que vió el P. Sarmiento (quizáis en 1756).

* Acedarach, árbol llamado inicuamente cinamomo (Madrid, 1-IV-1756).

* Origen de las voces pontega, puga y púa, de origen grego (8-VII-1756).

* Sobre el hypocisto de bótica y de los libros, en gallego pontegas (11-VII-1756).

* Pregunta: si nacen en Galicia, en qué sitios y en qué cantidad, de qué calidad los vegetables kali, sosa y barilla (Madrid, 1-VIII-1756).

* Tilia, árbol texa, latín tilia. Equívocos (10-VIII-1756).

* Noticias de algunos vegetables extraños que ya están connaturalizados, y se cultivan en España, o en tierra o en tiestos (4-XI-1756).

* Borrón de varios nombres gallegos de vegetables ou Onomástico etimológico de la lengua gallega (principiado en 1757, continuado en parte en 1758, interrompidologo ata 1766 e continuado en 1769).

* Sobre el phenicoptero o flamento, ave (1757).

* Sobre los caminos reales de toda España (1757, a petición del conde de Aranda).

* La planta cóscora, cóscora, junta pulpa, etc. El geum de Tournefort (14-VIII-1757).

* Respuesta sobre unas plantas remitidas de Asturias a Madrid en 1757 (19-X-1757).

* Mostajo en castellano, en León, Asturias y El Bierzo mostayo, en liébana mostazo (16-XII-1757).

* El porque sí y el porque no del P. Sarmiento (1-I-1758).

* Etimología de el nombre del lugar de San Martín de Sacar de Bois (3-II-1758).

* Etimologías de la voz de Valedorras y de su puente Cigarrosa (12-II-1758).

* Elementos etimológicos según el método de Euclides (iniciados o 1-VI-1758 e interrompidos ata 1776 en que os remata).

* Castellanos de Orense (27-X-1758).

* Sobre los atunes o almadrabas (1759).

* Árbol betula, en gallego bidueiro, en castellano abedul (4-VIII-1759).

* De la planta carqueixa (4-XII-1759, segunda redacción).

* Sobre el lobo cerval (1760).

* Sobre el papión o cynocéphalo (1760).

* Sobre los peces cetáceos orcas (1760).

* Origen de la voz gallega mixiryqueiro (1760).

* De las plantas scrorofularias (25-IV-1760).

* Sobre la planta bardana (28-VI-1760).

* Sobre el animal cebra que se criaba en España (1761).

* Origen del nombre y casa de San Julián de Samos (1761).

* Descripción, efectos y virtudes del vegetable carqueixa (30-III-1761, tercera y más amplia redacción).

* Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de el Miguel de Cervantes (9-V-1961).

* Comento ou Glosario (da copla 30 á 41, do 7 ó 14 de agosto de1761).

* Sobre plantas que han venido de Toledo y de sus vecindades y del Castañar (19-X-1761).

* Noticia de un cuerpo de rhino-ceronte (1762).

* Obra de seiscientos sesenta pliegos (iniciada en 1762, traballa nela ata 1766).

* Problema corográfico para describir todo el reino de Galicia con un nuevo método (1762).

* Sobre la planta manzanilla (6-VI-1762).

* Papel curioso sobre la planta que en Galicia es muy común y se llama seyxebra (redactado entre o 15 de maio e o 30 de agosto de 1762).

* Árbol de Aranjuez que se cree ser del palo santo 82-IX-1762).

* Origen de la voz Escurial (11-X-1762).

* De la grama olorosa, en gallego lesta (29-VIII-1766, cunha adición o 10-X-1767).

* Comento ou Glosario (da copla 41 á 70, en 1767).

* Sobre el vegetable bangué exótico y oriental (1768).

* Educación de la juventud (8-XI-1768).

* Comento ou Glosario (da copla 70 á 146, no ano 1770).

* Discurso apologético por el arte de rastrear las más oportunas etimologías de las voces vulgares (20-X-1770).