Vida

Eladio Rodríguez González - 2001


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

 

 

Home de dous séculos, Eladio Rodríguez González naceu un 27 de xullo de 1864 na parroquia de San Clodio, pertencente ó concello ourensán de Leiro. Nestas terras do Ribeiro de Avia pasou Eladio Rodríguez os seus anos mozos, ata que se desprazou á Coruña onde –logo duna temporada de estudios trala que regresa á súa aldea natal- instálase definitivamente eLeiro, terra natal de Eladio Rodríguezn setembro de 1887.

Da súa chegada á Coruña di Francisco Fernández del Riego: “un día, mozo aínda, deixou o mundo natal, á precura doutros horizontes. Trasladouse á Coruña ubicada no sei dos ártabros, tan diferente do ambiente que deixaba. Sorprendeuno a luz do fato da Torre de Hércules, saudando á inmensidade do océa

Na Coruña traballa como funcionario municipal (1888-1937), o que compaxinaba coas que eran as súas vocacións: a xornalística e a poesía. Casado con Torre de HérculesPepita Yordi, coa que tivo seis fillos, Eladio Rodríguez introduciuse no ambiente xornalístico coruñés a través do xornal La Mañana, do que chegou a ser director. Colaborou en distintas publicacións galegas e da emigración –como Revista Galega ou Galicia-, dirixiu El Noroeste que incluiu o suplemento “Nós. Páxinas Galegas”. Un suplemento que se abriu precisamente cun artigo de Eladio Rodríguez titulado “Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo”.

 Contertulio da “Cova Céltica, este funcionario do concello de A Coruña tamén adicou un importante esforzo creativo á poesía, publicando varios poemas na revista ourensá O Tío Marcos da Portela, e editando tres libros: Folerpas (1894), Raza e Terra (1922) e Oraciós campesinas (1927).

Pero sen dúbida foi o seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano a obra da súa vida que, sen embargo, él non chegou a ver publicada xa que se editouportada revista galega logo do seu pasamento. Nel deixa importantes aportacións etnográficas, xa que compilou nel numerosos refráns, cantigas, oficios populares…

Unha escasa aportación narrativa a través de pezas como o discurso de resposta ó de ingreso de Cabanillas na Academia Galega ou os limiares do suplemento “Nós. Páxinas Galegas” completa a obra de Eladio Rodríguez que en 1937 xubílase como funcionario municipal.

É o conxunto da súa obra –poética, xornalística e filolóxica- o que lle vale a Eladio Rodríguez un posto de honra na Academia Galega (herdeira da sociedade “Folklore gallego” presidida por Emilia Pardo Bazán) da que foi un dos corenta membros fundadores, e na que chegou a ostenta-la presidencia da que renunciou ós 70 anos por motivos de saúde.

A esquerda, en Mondariz, con  Vicente Risco e Ramón CabanillasEladio Rodríguez participou activamente en diversas actividades culturais de A Coruña (cidade na que viviu no cuarto piso do número 140 da rúa San Andrés) como a construcción do monumento ó mártires de Carral ou a fundación, en 1916, da agrupación folclórica “Cantigas da terra” para divulga-la música popular.

 Recoñecido en vida polo seu concello natal, Leiro, que o nomeou en 1929 Fillo Predilecto, e polo seu concello de adopción, A Coruña, que o designou oficial maior honorario, Eladio Rodríguez foi testigo da Guerra Civil na que perdeu a algúns amigos que foron fusilados, mentras vía fuxir a outros cara o exilio, e outros vivían presos na cadea.

 Membro destacado da “Cova Céltica” e da “Liga Gallega na Cruña”, entrou en contacto con rexionalistas como Manuel Murguía e Eduardo Pondal, procurando a defensa dos intereses de Galicia e cegando a promover unha iniciativa fallida de “Autonomía para Galicia”.

Logo de padecer unha arterioesclerose cerebral que lle afectou á memoria, este funcionario, xornalista e poeta morreu en A Coruña un 14 de abril de 1949, e os seus restos repousan no cemiterio de San Amaro.