VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXE | SOBRE XAQUÍN LORENZO
# 1907.- O 23 de xuño nace en Ourense, no número 30 da rúa da Paz.. Fillo de Xosé Lorenzo e Xoaquina Fernández.
# 1910.- Nace o seu único irmán, Xurxo, con quen manterá unha especial unión.
# 1912-1913.- Nun accidente co forno perde as falanxes dos dedos anular e corazón da man dereita.
# 1917-1925.- Estudia o bacharelato no Instituto do Posío, en Ourense, sendo un dos seus profesores Otero Pedrayo.
# 1923.- En Lobeira, durante as vacacións de verán, elabora unha maqueta dun carro da zona e recolle a denominación das diferentes partes, o que será loubado por Cuevillas que o anima a seguir coas súas pescudas etnográficas.
# 1923.- Morre seu pai e a súa nai trasládase a Arxentina para solucionar asuntos económicos relacionados con propiedades familiares. Durante esta ausencia os irmáns sepáranse, quedando cada un cuns avós, ata que a morte da avoa materna leva a Xaquín a reunirse en Vigo co seu irmán Xurxo e a súa familia.
# 1924.- Presenta o traballo “O carro galego” como ingreso no Seminario de Estudos Galegos.
# 1926-1933.- Estudia Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.
# 1928.- En colaboración co seu irmán edita “Un casamento en Lobeira”.
# 1930.- Exerce como secretario terceiro da Irmandade Nacionalista Galega na que militan Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas. Edita “Vila de Calvos de Randín” en colaboración con Cuevillas.
# 1931.- Cataloga os castros da terra de Lobeira.
# 1931.- Suscribe o manifesto fundacional do Partido Nacionalista Republicano Galego xunto con Risco, Otero, Cuevillas, etc.
# 1932.- Publica o traballo: “A muller no cancioneiro galego”.
# 1933.- Edita os seus traballos “Notas para un cuestionario de etnografía. Embarcacións”, e “Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá”.
# 1934.- Vese obrigado a trasladarse co seu irmán a Zaragoza para remata-los estudios universitarios polo seu talante galeguista que lle causa problemas na universidade. Este ano morre seu irmán, Xurxo, víctima dunha septicemia. Licénciase en Filosofía e Letras, e edita “Nobres que defenderon a raia portuguesa no ano 1726”, así como “As dornas do Porto do Son”.
# 1935.- Edita “A arte popular nos xugos de Galiza” e “Santa María de Velle”.
# 1936.- Co inicio da Guerra Civil é movilizado a combatir no bando “nacional”, resultando ferido en Villablino (León).
# 1938.- Publica “Sobre arqueología do territorio dos Quequernos”.
# 1939.- É nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto do Posío, en Ourense. Publica en Hamburgo o traballo: “Die bremse am galizischen wagen”.
# 1940-1981.- Profesor do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, que chega a convertirse nun refuxio para mestres castigados polas súas ideas galeguistas.
# 1940.- Realiza o documental etnográfico “O home e o carro” co director Antonio Román (posteriormente sería restaurado por Eloi Lozano), e consigue o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo. Tamén edita “Lápidas sepulcrais galegas de arte popular” e “O símbolo solar no NW da península”.
# 1942.- Accede como colaborador ó Museo Arqueolóxico de Ourense que dirixe Ferro Couselo. Edita “Notas etnográficas da parroquia de Borneiro”.
# 1944-1946.- Excava os castros de Cameixa (Boborás) e de Cabanca.
# 1945.- Publica “As festas do 3 de maio en Laza” en colaboración con Vicente Risco, e “Un petroglifo inédito de Troña”.
# 1946.- Edita en colaboración con Cuevillas “As habitacións dos castros”.
# 1948.- Edita “O monumento protohistórico de Santa Mariña de Augas Santas e os ritos funerarios nos castros”.
# 1951.- Ingresa na Real Academia Galega cun discurso sobre “A casa galega” que resposta Otero Pedrayo.
# 1952.- Tamén en colaboración con Cuevillas edita “Catro penas con pías do sur de Galiza”.
# 1953.- Presenta no III Congreso Aqueolóxico Nacional celebrado en Ourense as coleccións do Museo Arqueolóxico,
# 1954.- É nomeado correspondente da Real Academia da Historia.
# 1955.- Publica “A arte popular nos xugos da Galiza”.
# 1956.- Edita: “A Nosa Señora do Viso”, “As xoias de Regodeigón”, “Cerámicas castrexas pintadas”, “Nomenclatura do carro galego” e “A Xuno de Freixido”.
# 1957.- Edita “O carro no folclore galego” e “Unha nova escultura serpentiforme da citania de Troña”.
# 1958.- Acompaña a Florntino Cuevillas ata o momento do seu falecemento en que coloca a bandeira de Galicia no seu cadaleito.
# 1961.- Concédeselle a Encomenda de Afonso X O Sabio, polo Ministerio de Educación, e tamén a distinción de Colexiado Distinguido polo Consello Nacional dos Colexios Oficiais de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras.
# 1962.- Aparece o II tomo da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo, elaborado por Xaquín Lorenzo,
# 1964.- Morre a súa nai, perdendo a toda a súa familia e quedando sumido nunha fonda melancolía. Atopa un importante apoio en Ferro Couselo.
# 1965.- Edita: “A casa dos mortos”, “Inscricións romanas funerarias, varias, non clasificadas, falsas e inexistentes da provincia de Ourense”.
# 1966.- Publica: “Vellas artes de pesca no río Miño”.
# 1967.- Participa na fundación da Agrupación Cultural Auriense xunto con otros galeguistas históricos e edita “Distribución dos xugos na Galiza”.
# 1972.- Publica: “Tesouriño protohistórico de Calvos de Randín” e “A igrexa prerrománica de Santa María de Mixós”.
# 1973.- Edita “Cantigueiro Popular da Limia Baixa”.
# 1975.- Morre o seu amigo X. Ferro Couselo.
# 1976.- Co-fundador do Museo do Pobo Galego.
# 1980.- Apoia o manifesto do colectivo apartidista Realidade Galega recomendando o voto afirmativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia, ó que tamén se suman Ramón Piñeiro, Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xaime Isla Couto, Ánxel Fole y Fernández del Riego.
# 1982.- Recibe o Premio Otero Pedrayo concedido polas deputacións provinciais de Galicia.
# 1983.- É nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Ourense pola Deputación. Recibe tamén o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. Presenta o libro A Nosa Señora do Viso. Recibe a Medalla de Ouro do Museo do Pobo Galego.
# 1984.- A Xunta de Galicia lle concede a primeira Medalla Castelao. É nomeado socio honorario da Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnografía.
# 1987.- Pronuncia o pregón das Festas de Celanova.
# 1988.- Edita “A vivenda e a terra”.
# 1989.- Falece na casa familiar de Facós, en Lobeira, o 18 de xullo. É soterrado no cemiterio de San Francisco, en Ourense.