VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXE | SOBRE AVILÉS DE TARAMANCOS
# 6 de abril de 1935.- Nace Antón Avilés Vinagre en Taramancos, Noia (A Coruña).
# 1947-1950.- Estudia o Bacharelato no colexio Andrés Manjón, en Noia, que logo cambiaría o seu nome polo de Academia Balmes.
# Agosto de 1951.- Publica o seu primeiro poema titulado: “Saloucos dun emigrante”, publicado na revista noiesa Tapal.
# 1952.- Recibe unha mención honorífica no premio de poesía en galego convocado polo Circo de Recreación-Casino de Noia, polos poemas “Antón de Noia” e “Cadarso”.
# 1953.- Trasládase á Coruña e matricúlase en Náutica por mandato de seu pai. Entra en contacto coa “Peña Amanecer” que organiza cerimonias florais.
# 1954.- Sela o Xuramento de Laracha polo que se comprometeu na defensa dunha “Galiza ceibe e popular”, implicándose ideolóxicamente co galeguismo de esquerdas.
# Febreiro de 1954.- Ofrece a súa primeira conferencia sobre a poesía de Rabindranath Tagore.
# Decembro de 1955.- Publica o primeiro poemario: As moradías do vento, que aparece como separata na revista “Atlántida”.
# Xaneiro de 1959.- Publica o segundo libro: A frauta i o garamelo, ilustrado polo pintor Lixandre.
# Xuño de 1959.- Estrénase no Teatro Colón de A Coruña a montaxe teatral O incerto señor don Hamlet, na que Avilés de Taramancos colabora.
# 1959.- Edita Pequeno canto, co que gaña un accésit no certame poético da colección Brais Pinto.
# 1959.- Regresa a Noia sen remata-los estudios de Náutica.
# 1961.- Coñece en Noia a Salvador García-Bodaño.
# Finais de 1961.- Emigra a Colombia.
# Febreiro de 1962.- Funda a Embaixada de Galiza en Bogotá.
# Marzo de 1962.- Coñece á que será a súa dona, Ana Sofía Baquero Céspedes.
# 1963.- Escribe a primeira parte de Os poemas da ausencia.
# 1969.- Escribe a segunda parte de Os poemas da ausencia.
# 1970.- Trasládase coa súa familia de Bogotá a Cali para rexenta-la Librería Cultural Colombiana.
# 1971.- A revista “Grial”, a través de Salvador García-Bodaño, publica dez poemas de Antón Avilés desde a emigración.
# 1974.- Breve viaxe a Galicia para visita-lo seu pai, gravemente enfermo.
# Marzo de 1980.- Regreso definitivo a Noia.
# 7 de novembo de 1980.- Inaugúrase a Tasca Típica nun pazo medieval do Casco Histórico de Noia, que rexenta Avilés de Taramancos.
# 1982.- Publícase O tempo no espello, que inclúe a súa obra poética anterior.
# 1983.- Escribe unha peza de teatro: Tres capitáns de tempos idos, e organiza encontros de escritores e recitais poéticos reunindo a figuras como Ana Romaní, Xosé Luis Méndez Ferrín ou Uxío Novoneyra.
# 1985.- Aparece Cantos caucanos, polo que recibe o Premio Nacional de Literatura.
# 1986.- É elexido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e como tal dirixiu o III Encontro Galeusca en Baiona.
# 1987.- Accede ó Concello de Noia como edil de Cultura polo BNG; cargo no que permaneceu ata 1991.
# 1989.- Publica o poemario As torres no ar, e máis o libro de relatos Nova crónica das Indias.
# 1990.- Publica, como separata do Boletín Galego de Literatura, unha serie de poemas baixo o título de Obra inmisericorde.
# 22 de marzo de 1992.- Falece nun hospital de A Coruña víctima dunha grave doenza.
# 1992.- Publicacións póstumas: o poemario Última fuxida a Harar, o volume de ensaios Obra viva e a escolma Antoloxía poética 1955-1990.
# 2003.- Adícaselle o Día das Letras Galegas.