VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXE | SOBRE AVILÉS DE TARAMANCOS
Escoita-lo poema na voz de Avilés.
Formato Real Player (*.rm)
Formato Quick-Time (*.mov)
Da publicación Longa Noite de Pedra editada por OPHIUSA
VIII
Aquela chambra fina con bordados
de delicada man! `Que ar tan xoven
cinguía no teu peito! `Que nobreza
campesiña e galana ofrecía!
Camiñabas na tarde paseniño,
eras columna ergueita e soleada
e o meu amor un cabirtiño novo
que brincaba e que ria totalmente.
Miña noiva de abril, rapaza nova
recendo de fiuncho e ruda fresca
decátaste da dor que me asolaga?
Tiña o teu corazón como unha sella
preferida, como un vello xardín
onde deixaba a mais pequena risa
a mais fonda Saudade e a mais alta
grandeza do querer.
E dime agora:
qué ramo de loureiro nesta fronte
para cantar a tua chambra clara?