Vida

Xaquín Lorenzo Fernández - 2004


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXESOBRE XAQUÍN LORENZO

 

“Xocas” (Ourense, 1907-1989)

 

Xaquín Lorenzo Fernández, coñecido como “Xocas”, nace en Ourense –concretamente no número 30 da rúa da Paz- o 23 de xuño de 1907. Fillo de Xosé Xaquín Lorenzo FernándezLorenzo Álvarez (licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago que nunca exerceu a abogacía salvo para asesorar ás sociedades obreiras ourensás, pero foi recoñecido como humorista colaborador e fundador de publicacións como “Café con gotas”) e de Xoaquina Fernández, “Xocas” vive gran parte da súa infancia vencellado á casa da avoa materna en Lobeira, polo que algunhas biografías recoñecen equivocadamente a este municipio da Limia Baixa, na raia portuguesa, como a súa vila natal. Dúas localizacións vitais –Lobeira e Ourense- que marcan dous claros horizontes na formación de Xocas: o coñecemento dos xeitos ancestrais vencellados á terra da súa familia no rural, e a capital da provincia –a cidade da Xeración Nós- onde recibe as ensinanzas de Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo..

Moi unido ó seu irmán Xurxo, tres anos máis novo ca el, inicia os seus estudios na propia casa onde seu pai, con importantes dotes de pedagogo, se encarga directamente da súa aprendizaxe ata que pasa ó colexio dos “Villares”, rexentado polos irmáns Amador e Saturnino Villar, e cursa o Xaquín Lorenzo Fernándezbacharelato no “Instituto General y Técnico” (así coñecido entón o Instituto Posío) entre 1917 e 1925.

É nestes anos de bacharelato de Xocas, cando a familia sofre o seu primeiro golpe importante coa morte do pai, Xosé Lorenzo, que conleva litixios por propiedades que a familia posuía en Arxentina, o que leva á nai a ausentarse quedando os irmáns repartidos: Xocas fica un tempo coa avoa materna en Ourense, mentras Xurxo é enviado a Vigo onde logo que traslada Xocas ó morrer a avoa e ata o regreso da nai.

 

Xaquín Lorenzo pasa, maioritariamente, as vacacións invernais de Nadal e as de verán en Lobería, esas terras agrarias importantes algún día polo cultiño do liño e as explotacións gandeiras, pero que sufriron –como toda Galicia- o azote da emigración, o empobrecemento e a consabida perda das tradicións populares. Só fai algunha que outra visita a Vigo, o lugar natal da súa nai e terra de procedencia do avó materno.

Iníciase Xaquín Lorenzo no interese polos estudios etnográficos ós dezaseis anos cando, estando na aldea en 1923 fixo a miniatura dun carro de vacas e lle puso o nome a cada unha das pezas, para logo amosarllo en Ourense a Cuevillas que premiou esta iniciativa con libros e o seu ánimo para que continuara coas súas averiguacións. Xocas decide montar, entón, un pequeño taller na casa para elaborar maquetas e onde se fraguou o mellor estudio que existe sobre o carro e as súas dúas partes.

 Xaquín Lorenzo Fernández

Esta afición mantense mentras estudia Filosofía e Letras en Santiago de Compostela (1926) onde aproveita para participar no Seminario de Estudos Galegos onde a sección de Etnografía estaba dirixida entón por Vicente Risco ó que os irmáns Lorenzo se achegan a través da sección de Arqueoloxía e aportando datos sobre trebellos agrícolas, mentras que o traballo sobre o carro galego lle serve a Xocas como tema de discurso para ingresar no colectivo intelectual deste Seminario.

Anos de estudio na Universidade de Santiago que se complican pola súa participación –xunto con Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas- na Irmandade Galeguista (suscribe o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Republicano de Ourense), na revista Nós (publicando traballos sobre a muller no cancioneiro galego, sobre a lenda da ermida de Aranga,…) e a colaboración con revistas e investigadores portugueses (en Porto publica un estudio sobre a arte popular nos xugos da Galiza e achegas históricas como os nobres que defenderon a raia portuguesa ante o Limia e o Miño en 1762), nun tempo de persecución a canto significaba recobra-la memoria e identidade de Galicia.

 

Tempos difíciles que supoñen o gran segundo golpe familiar cando os irmáns Lorenzo, obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1934, se separan definitivamente debido á morte en 1934 de Xurxo, víctima dunha septicemia cando cursaba o último ano de carreira: “Xurxo de ter vividXaquín Lorenzo Fernándezo máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración, compridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal. Formado na escola severa, iniciática de Cuevillas, o xove amigo meu Xurxo Lourenzo traballou con amor e finura as artes do debuxo e das letras antigas”. Palabras adicadas por Otero Pedrayo e recollidas nun sentido capítulo de O Libro dos Amigos.

 

Coa profunda dor causada pola morte do pai, primeiro, a ausencia da nai, logo, e a desaparición do seu benquerido irmán despois, Xaquín Lorenzo ten que asumir un novo pesadelo vital: como tantos outros por aquel entón, vese obrigado a combatir no bando “nacional” durante a Guerra Civil ata que é ferido no ombro esquerdo en Villablino (León), o que –ademáis de recibi-lo nomeamento de Cabaleiro Mutilado en 1941- lle permite regresar á casa onde crea no tempo de convalecencia unha interesante tertulia con Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo, e aproveita para ler ós clásicos de Galicia.Xaquín Lorenzo Fernández

o propio Xaquín Lorenzo o contaba: “Fun ferido en Villablino, no norde de León. Foi unha das muitas cousas que eu lle debo á boa sorte que tiven na vida. Eu incorporeime aquí en Ourense, incorporámonos todos os que chamaron, non quedaba máis remedio que botarse ao monte ou incorporarse, e recordo que o primeiro de agosto saímos de Ourense, leváronnos a Lugo, de Lugo a Ponferrada, de Ponferrada collemos o val do Sil arriba ata chegar a Villabino, preto do linde con Asturias e alí feríronme. Teño a grade sorte de poder dicir que non vin un morto. O primeiro ferido que vin fun eu.” (fragmento recollido de M. Ledo –1983- no libro de Marcos Valcárcel: Xoaquín Lorenzo. Vida e obra. Xerais. 2004).

En 1939 é nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto de Posío (Ourense), e nos anos 40 Xaquín Lorenzo se inicia como mestre no colexio ourensán Cardenal Cisneros ó que permanece vecellado ata 1981, e onde mantén excelentes relacións cos alumnos da zona rural e os fillos de emigrantes que valoran o talante de Xocas logo de senti-lo rexeitamento doutras institucións de ensino das que proviñan. Cómpre destacar, tamén, que en 1940 colabora co director de cine Antonio Román e o productor Carlos Serrano de Osma na rodaxe da película documental “O home e o carro” rodada en Lobeira sobre idea e texto orixinal de Xocas, conseguiu o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo, e sendo reeditada en 1980 por Eloi Lozano.

 

Xaquín Lorenzo FernándezO seu vencello co Museo Arqueolóxico de Ourense comeza en 1942, e colabora tamén coa Comisión de Monumentos á que se incorpora como académico correspondente da Real Academia da Historia. Ata que ingresa como académico de número na Real Academia Galega cun discurso sobre “A casa galega” que foi respostado por Ramón Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo participa en diversas excavacións arqueolóxicas nos castros de Cameixa (Boborás), Cabanca e San Cibrao de Las, e na vila romana de Abelenda das Penas. En 1953 presenta no III Congreso Aqueolóxico Nacional celebrado en Ourense as coleccións do Museo Arqueolóxico, e recibe en 1961 a Encomenda de Afonso X O Sabio outorgada polo Ministerio de Educación.

 

Fermento cultural destes anos de dificultades derivadas da dictadura foron as tertulias como as que se celebraban no Café Roma. Unha delas tiña como habitual a Vicente Risco e no seu entorno congregábanse, entre outros, Celso Emilio Ferreiro, Ricardo Outeiriño, o escultor Faílde e o propio Xocas.

En 1964 morre a nai de Xaquín Lorenzo, o que convirte ó etnógrafo nunha persoa aínda máis introvertida e só aberto a un reducido grupo de amigos entre os que adquire gran influencia Xesús Ferro Couselo, vello galeguista seguidor de Castelao, profesor de instituto e director do Museo Arqueolóxico de Ourense que falece en 1975, provocando unha nova ferida na alma xa magoada de Xaquín Lorenzo que se ve inmerso nunha fonda saudade acompañada de dores de reuma no ombreiro ferido na guerra, da ausencia das falanxes dos dedos anular e corazón da man dereita (amputadas cando tiña seis anos a consecuenciXaquín Lorenzo Fernándeza dun accidente co forno), de falta de vista e desgana. A lectura a carón dunha estufa de butano é a principal actividade de Xaquín Lorenzo neste periodo de reclusión do que comeza a saír en 1976 coa creación do Museo do Pobo Galego, no convento compostelán de Santo Domingos de Bonaval, do que é nomeado director e presidente do Padroado, establecendo fortes vencellos co Padroado Otero Pedrayo, saíndo a dar conferencias e deixando nel como legado a súa biblioteca, as maquetas de madeira de diferentes aparellos agrícolas feitas por él mesmo, así coma outros recordos persoais.

En 1978 rebrotan os seus pensamentos políticos ligados ó galeguismo: amósase identificado co renacemento do Partido Galerista encabezado por Avelino Pousa Antelo e asina en 1980 o manifesto do colectivo apartidista Realidade Galega recomendando o voto afirmativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia, ó que tamén se suman Ramón Piñeiro, Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xaime Isla Couto, Ánxel Fole y Fernández del Riego.

 

Especialmente gratificante para Xaquín Lorenzo é o I Congreso do Hórreo (ou I Congreso Galego de Folclore) celebrado en 1985 no Gran Hotel de Lugo. Anos de inicipiente autonomía galega nos que se recoñece a valía de Xocas con recoñecementos institucionais e públicos como o Premio Otero Pedrayo das catro deputacións galegas (e compartido co escritor Xosé Fariña Jamardo); a entrega do título de Fillo Predilecto da Provincia por parte da Deputación de Ourense en 1983; a concesión da medalla de ouro do Museo do Pobo Galego e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, tamén en 1983; ou da primeira Medalla Castelao que concede a Xunta de Galicia en 1984.

“Home de apariencia seria e triste, ríxido, elegando, amigo do loito en sinal de tradición. Figura que se complementaba cos seus lentes escuros, coa súa silueta ergueita como un fito algo escorado da banda do ombreiro ferido na guerra…estoico de aguante, por ben curtido na andaina da vida conformábase con nada, sendo quen de domear as necesidades materiais engaiolantes desta relucente sociedade de consumo, manipuladora de todo, eXaquín Lorenzo Fernández destrutora de moitas tradicións, como facía observar. Leal ás lembranzas familiares, ao culto aos antepasados, aos mestres e vellos amigos, que no recordo producían de inmediato da emoción. Nel xamais se albiscou rencor, nen a murmuración, nen tan sequera cara a quen lle fixera mal. Sentía a obriga de falar e agradecer, no nome de Galiza e dos seguidores de Castelao, o ben que se facía pola Terra. Home minucioso, mesmo habilidoso en esculpir coa navalla, en facer maquetismo e arte de carpintaría cunha pequena navalla, amante do detalle artesanal, desas cousas pequenas nas que non se repara, ensombrecida polas grandezas, a pesar de gardar tanta sabedoría popular. Entre as afeccións unha vella e persoal, a que, a pesar da súa lealdade ás mesmas teimas, non ten máis remedio que suspender despois de varias décadas de entretenemento, a colección de sellos”. (Fragmento do libro de Felipe-Senén López Gómez, Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989). Unha vida para a cultura dun pobo. Baía Pensamento. A Coruña. 2004).

 

Logo de pregona-Xaquín Lorenzo Fernándezlas festas de Celanova en agosto de 1987; de participar no 70 aniversario da creación das Irmandades da Fala organizado pola Agrupación Cultural Auriense (que él mesmo contribuira a crear en 1967); ou de asistir en Trasalba á Casa-Museo de Otero Pedrayo para participar na clausura do Simposio Internacional de Antropoloxía Identidade e Territorio organizado polo Consello da Cultura Galega, Xaquín Lorenzo Fernández falece no verán de 1989 na súa casa rural de Facós e os seus restos mortais quedan sepultados no cemiterio de San Francisco, en Ourense.

A Xocas adica o “Boletín Auriense”, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, un número de homenaxe en 1990 con artigos conmemorativos e semblanzas biográficas escritas por diferentes autores, e entre os que se inclúe o poema que Elixio Rivas Quintas fixo en 1986: Labrado na raigaña dun carballo,/ querquerno rexo de graguenta terra;/ afiado espírito, dourado,/ en longa andaina e sempre arredor dela./ Leal amigo dos amigos/ e amigo da nosa senté toda;/ alma fidalga, limpa, nobre,/ que aínda para mostra queda./ Cos pés no chau, que de folla amarela,/ furgando nas entrañas o seu misterio olla/ e cara o alén, que xa lumbriga, enxerga./ Home, non de terra allea ou recomposta,/ senón da anterga, enxebre e milleirenta:/ A que circunda ó castro que o cruceiro alonga.