Vida

Antón Avilés de Taramancos - 2003


 

VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | LETRA, PALABRA E IMAXE | SOBRE AVILÉS DE TARAMANCOS 

 

(Noia, 1935-A Coruña, 1992)

De verdadeiro nome Antón Avilés Vinagre, este poeta naceu en Taramancos –preto de Noia (A Coruña)- o 6 de abril de 1935, nos últimos tempos da II República antes do estoupido da Guerra Civil. De familia labrega e mariñeira, a existencia do coñecido como Avilés de Taramancos estivo repleta de Antón Avilés de Taramancosexperiencias vitais relacionadas cos seus ideais nacionalistas que o levarían a emigración durante varios anos.

Pero antes de partir cara o novo mundo, e logo de pasa-la súa infancia en Noia estudiando na escola de Boa, primeiro, e no colexio Andrés Manjón, despois, Antón Avilés trasládase durante seis anos a A Coruña, entre 1953 e 1959. Alí estudia Náutica por mandato de seu pai –non chegando a completa-los estudios-, e descubre a súa verdadeira vocación: a escrita. É na Coruña onde Antón Avilés de Taramancosentra en contacto con outros rapaces e rapazas tamén amantes da poesía e que se agrupaban en torno á Peña Amanecer que organizaba cerimonias florais presididas por Miguel González Garcés e a súa dona, que percorrían as rúas da cidade herculina. A través deste colectivo Avilés coñece, entre outros, a Urbano Lugrís, a quen lembrará desde a emigración co gallo do seu falecemento en 1974. En 1954 danse dous fitos na vida de Antón Avilés: en febreiro pronuncia a súa primeira conferencia sobre a poesía de Rabindranath Tagore, e sela o chamado Xuramento de Laracha polo que se compremeteu na defensa dunha “Galiza ceibe e popular”, despertándose a súa implicación ideolóxica co galeguismo de esquerdas.

Na revista ferrolana “Atlántida” aparecen publicados en 1955 os seus sete primeiros poemas nunha serie titulada As moradías do vento, e tres anos máis tarde, mentras facía o servicio militar en Ferrol, edítase o seu primeiro libro de poesía: A frauta i o garamelo, co que o poeta se coloca entre os máis destacados creadores da posguerra. Sen embargo, Antón Avilés xa escribira na súa Noia natal o primeiro poema titulado “Saloucos dun emigrante”, publicado na revista “Tapal” en agosto de 1951, e recibira en 1952 unha mención honorífica no premio de poesía en galego do Crico de Recreación-Casino de Noia polos poemas “Antón de Noia” e “Cadarso”..

Antón Avilés de TaramancosAntes de partir a América, Antón Avilés substitúe o seu segundo apelido, Vinagre, polo da súa localidade natal, Taramancos, sentíndose dous grandes autores galegos como son Manuel María e Uxío Novoneyra como padriños do nome literario de Avilés de Taramancos.

Logo de participar na montaxe teatral da obra O incerto señor don Hamlet, que se estrenou en xuño de 1959 no Teatro Colón de A Coruña, Antón Avilés regresa a Taramancos sen remata-los estudios de Náutica pero con outro libro publicado: Pequeno Canto (1959), co que obtivo un accésit no certame da colección Brais Pinto.

En 1962, Avilés de Taramancos vese obrigado a emigrar a Santiago de Cali, en Colombia, o que o afastou dos seus compañeiros Antón Avilés de Taramancosde xeración e a súa traxectoria como poeta discorreu aillada. Experiencia vital da súa época de emigrante foi o seu matrimonio con Ana Sofía Baquero Céspedes, con quen fundou a súa propia familia e tivo tres fillos: Santiago, Luis e Guillermo.

Pero Avilés de Taramancos non resultou un emigrante en absoluto convencional porque durante os case vinte anos de estancia en América foi labrador, contrabandista, cazador, traficante de cabezas reducidas… “Teño cavado máis de corenta hectáreas de terra americana, de sol a sol, ata que o aceiro da aixada se fendeu, e non houbo ceifa nin colleita que non fose queimada pola peste, pola xeada, polo destino… Cacei tigres pra ile vende-lo pelico ós gringos, trafeguei con cabezas reducidas, fixen churros nas feiras, fun afiador, guerrilleiro…”. Así describía Antón Avilés a súa vida de emigrante que, a pesar de todo, seguiu compaxinando coa creación poética. Nada máis Antón Avilés de Taramancoschegar a terras americanas escribiu Poemas de ausencia (1961), e unha década despois (1971) o seu amigo Salvador García- Bodaño publicaba na revista “Grial” dez poemas de Avilés de Taramancos que tamén viu publido nas páxinas de “La Voz de Galicia” o poema “Pranto por Urbano Lugrís” adicado ó seu pintor amigo co gallo do seu pasamento en 1974.

Destaca, tamén, do seu paso por Colombia a fundación da Embaixada de Galiza en Bogotá, xunto co escultor compostelán Xesús Picón.

En 1980 Antón Avilés decide regresar a Galicia onde dous anos despois, en 1982, retoma a súa producción poética e publica O tempo no espello e Cantos caucanos en 1985, este último producto das lembranzas colombianas e que lle valeu o Premio da Crítica española ó chegar a finalista do Premio Nacional. En 1986 chegou a presidi-la Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), e en 1987 pasa a ser responsable de Cultura no Concello de Noia polo BNG, destacando desta época a apertura da Casa da Cultura, o Museo de Antón Avilés de TaramancosSanta María a Nova e do Conservatorio de Música, así como o inicio das negociacións que culminarían coa adquisición e remodelación do Teatro Noela.

Xa en 1989 edítase As torres no ar e fai unha incursión na narrativa cun libro de relatos titulado Nova crónica das Indias.

Ó seu regreso das terras americanas, Avilés de Taramancos –ademáis de publicar- gañouse a vida como taberneiro en Noia (abriu unha tasca nun pazo medieval do casco histórico de Noia) e seguiu militando no nacionalismo cultural e político de esquerdas ata o seu falecemento nun hospital de A Coruña o 22 de marzo de 1992, víctima dunha grave doenza. Ese mesmo ano ven a luz como obras póstumas Antoloxía poética e Última fuxida a Harar que obtén o Premio da Crítica Galega; ademáis da recopilación de ensaios, artigos e conferencias no libro Obra viva.

A Avilés de Taramancos adícaselle o Día das Letras Galegas 2003. Con él recoñécese a traxectoria a prol das letras de Galicia a un home que chegou a definirse a sí mesmo como “a grandeza e a miseria da poesía”.